Subido por Tamar Flores Granados

AF FOLLETO FP DUAL DIXITAL

Anuncio
VIAQUA BUSCA TALENTO
⇀ Fórmate coa
FP Dual de Redes
e Estacións de
Tratamento
de Augas e fai
prácticas
remuneradas
na empresa.
!
FP DUAL
REDES E ESTACIÓNS DE
TRATAMENTO DE AUGAS
QUE É VIAQUA?
Somos a empresa galega líder no
sector do medio ambiente, con
presenza en máis de 40 municipios de
Galicia e máis de 50 anos de experiencia
na xestión do ciclo integral da auga. Un
equipo de máis de 500 profesionais con
vocación de servizo que traballan para
satisfacer as necesidades de máis de
765.000 galegos e galegas.
Apostamos pola transformación dixital
e a aplicación de solucións tecnolóxicas
innovadoras orientadas cara unha
economía circular que permita realizar
unha xestión sostible da auga en
grandes e pequenos núcleos de
poboación.
QUE POSTOS PODERÁS
DESENVOLVER?
⇀ Montadora-montador de redes de
abastecemento e distribución de auga
⇀ Montadora-montador de redes de
instalacións de saneamento
⇀ Montadora-montador de redes de
auga
⇀ Operadora-operador de planta de
tratamento de auga de abastecemento e
de augas residuais
⇀ Operadora-operador en instalación
de incineración
⇀ Montadora-montador de instalacións
de auga en edificios
EN QUE CONSISTE A
FP DUAL DA AUGA?
A Formación Profesional Dual é unha
modalidade de FP onde o estudante
combina a formación no centro
educativo coa actividade na empresa,
aprendendo contidos e temáticas en
conexión directa coa realidade da
profesión.
Esta
modalidade
de
formación dual ten como obxectivo
crear emprego de calidade, onde un
empregado con formación solvente ten
a capacidade de proporcionar un maior
valor no seu desempeño a curto prazo,
pero tamén a medio prazo pola
capacidade de aprender continuamente.
O
alumnado
percibe
unha
remuneración proporcional ao tempo
de realización das prácticas na
empresa. Este modelo educativo ten
unha ratio de inserción laboral
superior ao 90%.
Dende o primeiro día de prácticas, o
alumnado será un máis do equipo,
realizando tarefas baixo a supervisión
dun
responsable
asignado
pola
empresa.
As prácticas realizaranse en distintos
centros de Viaqua situados nas catro
provincias galegas. O alumnado terá a
opción de escoller aqueles centros de
traballo do seu interese.
Ao longo das prácticas, o alumnado
pasará
por
diferentes
traballos
relacionados co ciclo urbano da auga:
ESTACIÓN POTABILIZADORA
⇀ Control do proceso de potabilización
⇀ Control e rexistro de consumos
⇀ Control dosificacións reactivos
⇀ Toma de mostras
⇀ Medición de parámetros
⇀ Mantemento preventivo e correctivo
ESTACIÓN DEPURADORA
⇀ Control do proceso de depuración
⇀ Control e rexistro de consumos de control
⇀ Control dosificacións reactivos e xestión
de residuos
⇀ Toma de mostras
⇀ Medición de parámetros
⇀ Mantemento preventivo e correctivo
REDE DE ABASTECEMENTO
⇀ Montaxe e mantemento de redes de abastecemento e saneamento
⇀ Reparación de avarías
⇀ Control de purgas
⇀ Busca de fugas
⇀ Control de verteduras
⇀ Mantemento preventivo redes
ATENCIÓN AO CLIENTE
⇀ Control parque de contadores
⇀ Altas/baixas (instalación e retirada)
⇀ Inspección fraudes
⇀ Revisión instalacións idoneidade
⇀ Toma de lecturas de grandes consumidores
⇀ Relación con clientes
VANTAXES DE
TRABALLAR EN VIAQUA
⇀ Empresa galega líder no sector do
medio
ambiente
e
do
grupo
internacional Veolia
⇀ Ocupación de calidade que favoreza a
igualdade
de
oportunidades,
a
accesibilidade e a inclusión.
⇀ Formación continua e plans de
carreira personalizados.
⇀ Ambiente de traballo colaborativo e
respectuoso.
⇀ Conciliación laboral e familiar.
Buscamos profesionais con ganas de
medrar xuntos.
Ofrecemos oportunidades de emprego
en diferentes áreas e perfís, dende a
xestión das infraestruturas da auga,
pasando polo persoal de rede ata o
persoal administrativo ou de atención
ao cliente. Ademais, valoramos a
diversidade e o compromiso social nos
nosos empregados e empregadas.
⇀ Uníndote ao noso equipo formarás
parte
dunha
empresa
galega
comprometida co medio ambiente e
coa sociedade, traballando para un
futuro sostible e responsable.
MÓDULO DO CICLO
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
⇀
Implantación en redes de auga
Técnicas de mecanización e unión
Montaxe e posta en servizo de redes de auga
Construción en redes e estacións de tratamento de auga
Hidráulica e redes de auga
Mantemento de redes
Formación e orientación laboral
Montaxe e mantemento de instalacións de auga
Estacións de tratamento de augas
Instalacións eléctricas en redes de auga
Calidade da auga
Mantemento de equipos e instalacións
Empresa e iniciativa emprendedora
entra
aquí!
Infórmate sobre a FP Dual
de Redes e Estacións de
Tratamento de Augas
www.viaqua.gal/gl/fp-dual
Teléfono
Correo
981 025 040
[email protected]
Descargar