OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN Os signos de puntuación serven para indicar como debemos entoar, xa que senón non se entenderían os nosos escritos. De aí a súa importancia. Así que para poder dominar o seu uso repasaremos as regras de uso. A coma (,) Representa na escrita unha pausa breve e utilízase nos casos seguintes: ● Para separar os elementos dunha enumeración. Ex: Mercou unha bolsa de patacas, un quilo de amorodos, dúas bolas de queixo e medio quilo de chourizos. (Neste caso os elementos marcados en negra e separados entre comas son os que forman parte da enumeración). ● Para chamar directamente por alguén, isto é, os substantivos que funcionan como vocativos; que son os que serven para chamar o interlocutor, van seguidos dunha coma se están ao inicio dunha oración. Ex: Antía, que queres xantar hoxe? (Neste caso Antía é un vocativo xa que o falante quere chamar a súa atención para que lle responda a pregunta). ● Cando un inciso interrompe un enunciado co fin de aclarar ou ampliar o que se di, ou para mencionar o autor ou obra citados. Ex: A autora de Cantares Gallegos, Rosalía de Castro, viviu no século XIX. (neste caso Rosalía de Castro vai entre comas para aclarar que é a autora de Cantares Gallegos.) 1 Ex: Todos os seus amigos, incluídos os da infancia, acudiron ao seu aniversario. (Neste caso o enunciado que vai entre comas está a interromper o que se di ao inicio mediante unha aclaración) O punto (.) Úsase para sinalar unha pausa longa, que marca o final dunha idea. Despois de punto utilízase maiúscula. Hai tres tipos de punto: 1. Punto e seguido: Este separa enunciados dentro do mesmo parágrafo, indicando que se vai introducir unha nova idea relacionada coa anterior. Despois del continúase escribindo na mesma liña. Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a ninguén, sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e pensaba que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela porque non podían estar na clase coa cabeza revirada. (Neste caso utilizamos un punto e seguido porque continuamos a falar do primeiro día de escola de Andrea, indicando unha nova idea baseada no que ela pretendía nese primeiro día). 2. Punto e á parte: Separa dous parágrafos distintos que desenvolven contidos diferentes. Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a ninguén, sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e pensaba que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela porque non podían estar na clase coa cabeza revirada. (Neste caso ao introducir un novo tema, que é o que pensaba a profesora temos que pó un punto e á parte) A profesora, que xa levaba moitos días de escola, entendeu perfectamente a situación de Andrea. A súa intención era que a rapaza 2 se sentise integrada desde o primeiro momento, por iso decidiu que aquel día mudarían a disposición dos espazos na aula: tocaba sentar en círculo. 3. Punto e final: Pecha o texto, finalizando un apartado, un capítulo ou o un texto na súa totalidade. Ex: O primeiro día de escola, Andrea, que non coñecía a ninguén, sentou no último pupitre. Pretendía pasar desapercibida e pensaba que dese xeito os compañeiros non poderían mirar para ela porque non podían estar na clase coa cabeza revirada. A profesora, que xa levaba moitos días de escola, entendeu perfectamente a situación de Andrea. A súa intención era que a moza se sentise integrada desde o primeiro momento, por iso decidiu que aquel día mudarían a disposición dos espazos na aula: tocaba sentar en círculo. Sen querelo (ou queréndoo...) Andrea estaba sentada ao lado de Carlos e Ada. Os tres ían compartir algo máis que un círculo naquel curso. (Neste caso empregamos un punto e final, xa que rematamos de contar o primeiro día de Andrea na escola). O punto e coma (;) Sinala unha pausa maior que a da coma, pero menor que a indicada polo punto. Cando o usamos a palabra seguinte debe escribirse sempre en minúscula. De todos os signos de puntuación é o que presenta un maior grao de subxectividade no seu uso, posto que se pode substituír en moitos casos polo punto e seguido ou a coma. Úsase nos seguintes casos: ● Para separar dous ou máis elementos dunha enumeración cando no interior de cada elemento xa se inclúen comas. 3 Ex: A camisa é amarela; o pantalón, branco; o xersei, azul; e os zapatos, negros. (Neste caso empregamos o punto e coma para indicar que os elementos separados por estes son os que constitúen a enumeración). ● Para separar oracións cando estas teñen no seu interior elementos separados por comas. Ex: Se o queres facer de verdade, non haberá quen cho impida; se non o queres de verdade, non se vai dar feito. Os dous puntos (:) Estes serven para indicar unha pausa que chama a atención sobre o que vai vir a continuación. Despois deles a palabra seguinte adóitase escribir con minúscula. Úsanse os dous puntos nos casos seguintes: ● Diante dunha enumeración anunciada cun verbo. Ex: As cores que me gustan son: verde, azul, vermello... (Neste caso co uso dos dous puntos inidicamos que vai comezar unha enumeración. ● Para introducir citas textuais, isto é, para reproducir literalmente o que di unha persoa ou un personaxe. Ex: Agardou un pouco e logo berrou: “Axudádeme!”. (Neste caso estamos a reproducir literalmente o que dixo a personaxe) ● Despois das fórmulas de saúdo nas cartas e documentos. Ex: Querido amigo: Ex: Hai moito que non sei nada de ti… 4 ● Antes dun texto no que se estea a exemplificar o que se está a dicir. Ex: O guión serve para: dividir unha palabra, separar palabras compostas… (Nesta caso o que vai entre paréntese expluica cales son os usos do guión) Os puntos suspensivos (...) Estes interrompendo o que se está a dicir ou un final impreciso. Detrás deles escríbese: ● Maiúscula cando pechan un enunciado Ex: Non chegou a tempo... Ben, xa se sabe que nunca chega a tempo → Ao empezarmos un enunciado novo, indicámolo por emdio do uso das maiúsculas) ● Minúscula se o enunciado continúa Ex: Dubidaba se... facer o que lle pedían → Neste caso está interrompida a oración, polo que debemos continuar a ecribir en minúscula. Os puntos suspensivos úsanse nos seguintes casos: ● Ao final dunha enumeración que queda aberta. Ex: Aínda ían pasar moitas cousas máis: a chegada do irmán, o divorcio da súa muller, a morte do pai... ● Para expresar un momento de dúbida. Ex: O rapaz debía ter... dezaseis ou dezasete anos. (Neste contexto non temos clara a idade do rapza, de aí o seu uso) 5 ● Para deixar un enunciado incompleto e en suspenso. Ex: O que me dixeches onte foi moi desagradable... ● Cando se omite unha parte dunha cita textual. Ex: Lembro un poema de Rosalía: “Adiós ríos, adiós fontes...”. (Neste caso o poema de Rosalía está incompleto, de aí que empreguemos os puntos suspensivos) A paréntese (()) Estes encerran elementos non necesarios ou aclaratorios intercalados nun enunciado. Utilízanse nos casos seguintes: ● Cando se interrompe o que se di cunha aclaración ou dato, sobre todo se non ten moita relación co anterior. Ex: Antón (o pai do futbolista) tiña trinta anos. (Neste caso que o pai de Antón sexa futbolista non ten nada que ver co que dixemos anteriormente) ● Para indicar que se omitiu unha parte do texto póñense tres puntos entre parénteses. Ex: “Todos os días visitaba á súa irmá (...) na súa casa de campo”. (Neste exemplo sabemos que falta parte do texto orixinal). Os signos de interrogación (?) e de exclamación (!) Estes colócanse ao final dos enunciados que, respectivamente, interrogan ou exclaman. 6 O signo de interrogación úsase cando se fai unha pregunta, e o de exclamación en oracións coas que se quere chamar a atención, mostrar sorpresa, dor ou entusiasmo, ou dar unha orde. OBSERVACIÓN: Nunca se escribe punto detrás destes signos porque xa funcionan tal, polo que despois deles hai que escribir maiúscula; porén se continúa o mesmo enunciado pódese anular o punto, escribindo unha coma detrás e logo séguese con minúsculas. Ex: Onde escoitaches esa noticia? Ex: Ai! Mancáchesme coa pelota.(Nesta caso escribimos con maiúscula porque hai un novo enunciado) Pero: Non entendo nada: por que o fixo?, que lle pasaba?, ata cando estivo alí? (Neste caso empregamos a coma porque estamos enta unha enumeración na que se trata o mesmo tema) Comiñas ou aspas (“”) Emprégase ao principio e ao final do enunciado para indicar que debe ser entoado dun xeito especial, porque destaca con repecto ao resto. Utilízanse nos seguintes casos: ● Para reproducir citas textuais. Ex: Díxome: “Non quero que volvas por aquí”. (Nesta caso estamos a escribir o que dixo a persoa literalmente) ● Para reproducir os pensamentos dos personaxes nos textos narrativos. Ex: Eu non atendía ao que dicía o profesor, só pensaba: “Xa podía tocar o timbre dunha vez!”. (Aquí podemos ver como se está a reproducir de xeito lietarl o que di a personaxe) ● Para indicar que unha palabra ou expresión: 7 ○ non é apropiada ○ é vulgar ○ é doutra lingua ○ ten un sentido especial ou irónico. Ex: Os seus “negocios” non me parecen nada claros. (Neste caso a palabra negocios está a ter un significado metafórico, algo que non é moi legal). ● Para indicar o título: ○ dunha conferencia ○ dun artigo dunha revista ○ dun poema ○ dun capítulo dunha obra, pero non dun libro. Ex.: O poema de Rosalía que máis me gusta é “A xustiza pola man”. Neste caso estamo a indicar o título dun poema de Rosalía) A diérese (¨) Signo que se coloca sobre as vogais i,u nas seguintes ocasions: ● Para indicar que se debe pronunciar a vogal u nas combinacións gue e gui. Ex: argüir, pingüín... ● Para indicar que un i forma hiato coas demais vogais. Ex: Con aquel ruído non oïamos nada (Nesta caso a diérese indica que oi foman parte de diferentes sílabas) A raia (—) 8 Signo representado por un trazo horizontal de maior lonxitude que o guión (-). ● Úsase para marcar que o texto é dito por distintas persoas (o que na fala xa sería evidente polas voces diferentes). Ex: —Que dis? —Que te achegues un pouco máis. (Neste caso temos un diálogo entre dúas perosas) ● Pode empregarse para facer aclaración, sendo equivalente ás parénteses: Ex: Estiven agardando a Brais —un bo amigo meu— toda a tarde. (Neste caso aclaramos canto de amigo é Brais) O guión (-) Trazo curto de menor lonxitude que a raia. Úsase nos seguintes casos: ● Para dividir unha palabra ao final da liña cando non cabe nela completa. En ningún caso se poden separar os elementos dun dígrafo: Ex: ce-/rra-/lleiro, nin-/gu-/nha... ● Para separar certas palabras compostas: Ex: Zona de non-fumadores Ex: Dicionario galego-alemán / OBSERVACIÓN. 9 Na seguinte ligazón podedes repasar facendo os exercicios en liña http://cotovia.org/proxecto/ort/ort_pun_01.html?orix=ud1&tare=14&tema=ort_p un_01.html 10