Subido por cobelo

Violencia de Xénero

Anuncio
Índice
Que é a violencia de xénero?................................................................................................................1
Se te sentes identificada con algunha das seguintes manifestacións, estás sendo vítima de
maltrato............................................................................................................................................2
Violencia física............................................................................................................................2
Violencia psicolóxica..................................................................................................................2
Violencia sexual e abusos sexuais...............................................................................................3
Acoso sexual...............................................................................................................................3
O tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación................................................................3
Violencia económica...................................................................................................................3
Diferentes conceptos........................................................................................................................4
Como repercute o maltrato na saúde da muller que a sofre.............................................................4
Síntomas de reexperimentación da situación vivida...................................................................4
Como previr a violencia de xénero.............................................................................................5
Ademais, débese:........................................................................................................................5
Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha situación de violencia de xénero................5
Lembra que.................................................................................................................................6
Non é verdade que.......................................................................................................................6
Tratamento para a recuperación das vitimas....................................................................................6
Algunhas das intervencións máis habituais e básicas para a súa recuperación son:...................6
Recomendacións ante unha situación de maltrato...........................................................................7
Plan de seguridade.....................................................................................................................7
Actuacións cando se produce unha agresión...................................................................................8
Como se acredita unha situación de violencia de xénero................................................................9
Que é a violencia de xénero?
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo feito de selo.
Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a liberdade das mulleres,
independentemente do ámbito no que se produza.
Enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión, baseados nunha situación de
desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que
teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas de
tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público
coma na vida familiar ou privada. (Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o
tratamento integral da violencia de xénero).
O concepto "violencia de xénero" dá nome a un problema, que ata hai pouco, formaba parte da vida
privada das persoas; era considerado un asunto de familia que non debía transcender de portas para
fóra e, polo tanto, no que non se debía intervir. Entender a violencia como un asunto privado reforza
ás mulleres a unha situación de subordinación respecto do home e implica asumir as relacións de
poder historicamente desiguais entre ambos e a través das cales se lexitima ao home a manter o seu
status-quo da dominación incluso a través da violencia. Esta percepción contribúe a que as mulleres
non denuncien a súa situación por medo, vergoña ou culpabilidade.
A discriminación das mulleres e a violencia de xénero (como a manifestación máis brutal das
desigualdades entre homes e mulleres) é un problema que traspasa fronteiras e que está presente na
maior parte dos países do mundo coa particularidade de que as vivencias do maltrato son
enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.
Deben lembrarse que a violencia é unha estratexia de relación aprendida, non é innata. Se isto fose
así, todas as persoas serían violentas ou todas as persoas exercerían a violencia da mesma maneira e
no mesmo grao; sen embargo, non sempre a empregamos nas nosas relacións: falamos, negociamos,
pactamos, tratamos de comprender o punto de vista da outra persoa e finalmente chegamos a un
acordo, aínda que non obteñamos o que en principio queríamos.
Os maltratadores son selectivos no exercicio da violencia, o que demostra que son capaces de
controlarse en calquera outra situación.
Se te sentes identificada con algunha das seguintes
manifestacións, estás sendo vítima de maltrato
Sexan cales sexan as formas en que se manifesta o maltrato, sempre busca un mesmo obxectivo:
erosionar a autoestima da muller con fin de que o agresor aumente o seu grao de poder e control
sobre ela.
Hai moitas formas de violencia contra as mulleres, aquí achegamos algunhas indicacións para poder
identificalas.
Violencia física
Inclúe calquera acto de forza contra o corpo da muller, con resultado ou risco de
producir lesión física ou dano: labazadas, golpes, queimaduras, beliscos, tiróns de pelo,
picadas, empuxóns, lanzamento de obxectos, uso de armas, intentos de estrangulamento,
intentos de asasinato, intentos de provocar abortos...
O maltrato físico é o máis evidente e o máis doado de demostrar; aínda así, non é
preciso que se requira atención médica ou que teña efectos visibles no corpo. É moi
probable que comece cun simple golpe ou labazada.
Violencia psicolóxica
Inclúe toda conduta, verbal ou non verbal, que produza na muller desvalorización ou
sufrimento: insultos (expresión como: estás louca, es unha histérica, ignorante, atrasada,
fea); menosprezos (expresións como: non serves para nada, non es capaz de facer nada
ben, mala nai, se non fose por min onde irías?..); intimidacións / ameazas (expresións
como: voute matar, vaite da casa, vouche quitar os/as nenos/nenas, voute fundir..);
abuso de autoridade ( por exemplo: rexistra as túas cousas, revisa o teu correo,
preguntas cousas como “con quen estivestes hoxe?”, chegastes 10 minutos tarde…);
falla de respecto (non respecta as túas necesidades, sentimentos, opinións, desexos e
manipula o que dis, destrúe obxectos de especial valor para ti, ignora a túa presenza,
desautorízate diante dos nenos/nenas..); esixir obediencia (non quere que a muller
traballe fóra da casa, non quere que estude, quere que se vista como el quere, contrólalle
o tempo, pregúntalle "a que hora chegas?", dille “quita esa roupa e vístete como Deus
manda”…); utilización das fillas e fillos (ameaza con quitarlle as/os menores, ameázaos
e maltrátaos, obrígalle a que fagan de espías, culpabiliza constantemente á nai); castigar
co silencio e incomunicación (o silencio reiterado pode chegar a ferir tanto como as
palabras); culpabilizar á muller de todo o que ocorre na casa de modo que ao final ela
pensa que é a culpable de todas as situacións de tensión; amosar celos (acusar
constantemente de ser infiel e coquetear con outros homes, impedir relacións con
amigos/as e familiares, illar a muller de toda a súa contorna...).
O maltrato psíquico é o máis difícil de detectar, dado que as súas manifestacións poden
adquirir gran sutileza; non obstante, a súa persistencia no tempo deteriora gravemente a
estabilidade emocional, destruíndo a autoestima e a personalidade da muller.
Violencia sexual e abusos sexuais
Inclúen calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola
muller, e que abarcan a imposición, mediante a forza ou con intimidación, de relacións
sexuais non consentidas, e o abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou
non relación conxugal, de parella, afectiva ou de parentesco coa vítima.
Acoso sexual
Inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, para si
ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se vale dunha situación de
superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de
causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita
relación, ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta.
O tráfico de mulleres e nenas con fins de explotación
Inclúe a captación, o transporte, o traslado, a acollida ou a recepción de persoas,
especialmente de mulleres e nenas, que son as súas principais vítimas, recorrendo á
ameaza ou ao uso da forza ou outras formas de coacción, ou rapto, ou fraude, ou
engano, ou abuso de poder ou dunha situación de vulnerabilidade ou a concesión ou
recepción de pagos ou beneficios para obter o consentimento dunha persoa que teña
autoridade sobre outra, con fins de explotación. Esa explotación incluirá, como mínimo,
a explotación da prostitución allea ou outras formas de explotación sexual, os traballos
ou servizos forzados, a escravitude ou as prácticas similares. Independentemente da
relación que una á vítima co agresor e o medio empregado.
Violencia económica
Inclúe a privación intencionada, e non xustificada legalmente, de recursos para o
benestar físico ou psicolóxico da muller e das súas fillas e fillos ou a discriminación na
disposición dos recursos compartidos no ámbito da convivencia de parella.
O maltratador considera que a muller é incompetente e que non administra ben ou gasta
os cartos en cousas innecesarias, polo que non pode tomar decisións sobre o destino do
gasto.
Diferentes conceptos
Calquera tipo de violencia fundaméntase nunha relación de poder onde alguén trata de dominar a
outra persoa pola forza, contra a súa vontade; trata de obrigala a que faga o que non desexa, a que se
pregue e recoñeza a súa inferioridade e dependencia con respecto a quen exerce a violencia. En
todos os casos de violencia as vítimas pasan por un gran sufrimento e todas elas requiren coidado e
atención, e todas as persoas agresoras son merecedoras da súa correspondente sanción penal; non
obstante, cada tipo de violencia ten as súas peculiaridades. Pretender que toda violencia é igual
impide que a violencia de xénero sexa comprendida adecuadamente e poida ser combatida
eficazmente.
Violencia: uso intencional da forza física ou poder contra un/unha mesmo/a, cara outra persoa,
grupo ou comunidade e que ten como consecuencia probables lesións físicas, danos psicolóxicos,
alteracións do desenvolvemento, abandono e incluso morte.
• Violencia de xénero: dirixida ás mulleres polo mesmo feito de selo, é dicir, por considerar
que o sexo feminino é inferior e debe continuar nunha posición de subordinación con
respecto ao masculino.
• Violencia familiar: infrinxida por persoas do medio familiar e dirixida, xeralmente, ás
persoas máis vulnerables do mesmo: nenos, nenas, persoas anciáns, persoas discapacitadas...
• Violencia doméstica: dirixida á persoa ou persoas que convivan xuntas. Non é preciso que
existan lazos familiares.
Como repercute o maltrato na saúde da muller que a sofre
Cando fronte aos repetitivos episodios de violencia, e considerando que a situación non vai cambiar,
a muller adopta unha actitude pasiva por medo e para evitar que se produza unha nova agresión,
incluso maior, cara a ela ou cara aos seus seres queridos, estamos ante o "síndrome da muller
maltratada".
A experiencia de maltrato provoca un alto nivel de ansiedade, alteracións psicosomáticas;
sentimentos depresivos, disfuncións sexuais, condutas aditivas, dificultades nas súas relacións
persoais.
Enrique Echeburúa e Paz del Corral equiparan os efectos que unha muller maltratada pode sufrir ao
"trastorno de estrés postraumático", cuxos síntomas e características, sen dúbida, aparecen
nalgunhas destas mulleres:
Síntomas de reexperimentación da situación vivida.
• Evitación persistente de síntomas asociados co trauma e restrición afectiva.
• Síntomas persistentes do aumento da activación fisiolóxica: dificultades para conciliar o
sono, irritabilidade,dificultades para concentrarse, etc.
• Angustia por percepción de ameaza real para a propia vida, pánico ante a anticipación da
presenza do maltratador, imaxes e lembranzas indesexadas así como pesadelos,
hiperactivación fisiolóxica sensación de estar controlada e vixiada constantemente, medo a
deixar de ser obxecto de amor, medo a equivocarse, a sufrir e facer sufrir, etc…
• Depresión por percepción de culpabilidade, por evocar esa situación de maltrato, ante o dano
que poida xerar o seu estado anímico ao benestar dos fillos/fillas. Autocastigo, tristeza, dor,
pena, rabia, desesperanza, fatiga, baixa autoestima, baixa autoimaxe, desmotivación,
inseguridade, vergoña, sentimento de inferioridade e medo ao castigo que pode proporcionar
a sociedade.
Como previr a violencia de xénero
Educar aos nenos e nenas, desde as idades máis temperás, nunha cultura centrada na resolución
pacífica de conflitos, fomentar a empatía e desenvolver unha autoestima equilibrada, son principios
que favorecen a desaparición dos prexuízos de xénero que se dan xa desde a escola.
Eliminar ao máximo os estereotipos transmitidos pola cultura patriarcal; polo tanto, ensinar a ‘ser
persoa’ en lugar de ensinar a "ser home" ou a "ser muller" e así desterrar mitos como que a
agresividade é un trazo masculino, ou pola contra, a submisión, o silencio, a obediencia… son
trazos femininos, son obxectivos da coeducación.
Ademais, débese:
• Evitar todo menosprezo cara aqueles rapaces ou homes que non se adaptan ao modelo de
masculinidade dominante.
• Evitar todo menosprezo cara aquelas rapazas ou mulleres que non se axeitan ao modelo de
feminidade dominante.
• Ensinarlles aos nenos e aos homes a incorporar nas súas vidas as vivencias e expresión dos
propios sentimentos e emocións que enriquecen as súas relacións persoais e así favorecer a
resolución de conflitos sen recorrer a comportamentos violentos, por medio do diálogo, o
acordo, a negociación…
• Desenvolver unha boa autoestima que capacite a nenas e nenos para adoptar unha actitude
resolta ante a vida e os seus retos, asumir responsabilidades e enfrontarse con seguridade aos
problemas.
Por que a tantas mulleres lle resulta difícil saír dunha
situación de violencia de xénero
O maltrato é un proceso cíclico que se inicia pouco a pouco, como un goteo de pequenos episodios
que parecen insignificantes pero que non o son.
O ciclo comeza cunha primeira fase de Acumulación da tensión (agresións verbais e psíquicas) na
que a vítima vai percibindo como o agresor vai volvéndose máis susceptible, respondendo con máis
agresividade e encontrando motivos de conflito en cada situación.
Unha segunda fase supón o Estalido da tensión, na que a violencia se volve máis virulenta, dando
cabida á agresión física.
Na terceira fase, denominada Lúa de Mel ou Arrepentimento, o agresor pide desculpas á vítima, e
trata de amosar o seu arrepentimento. Esta fase vaise reducindo co tempo, sendo cada vez máis
breve ata desaparecer.
Este ciclo, no que ao castigo (agresión) séguelle o episodio de arrepentimento ("non volverá
ocorrer", "todo cambiará"...) alimenta a ilusión do cambio. Isto pode axudar a explicar a
continuidade da relación por parte da muller nos primeiros momentos da mesma. Ao mesmo tempo
que o agresor amosa o seu arrepentimento, pode ocorrer que simultaneamente escuse a súa conduta
culpabilizando á vítima (se ti non fixeras ... eu non o faría ) de modo que a muller acaba dubidando
de calquera cousa que fai ou pensa; en definitiva, acaba dubidando dela mesma.
Lembra que...
•
•
•
•
Estás sendo vítima dun maltrato, ti non es responsable.
O uso da violencia nunca está xustificado.
Estas agresións repetiranse e agravaranse co tempo.
Non estás sola. Podes contar coa axuda de especialistas.
Non é verdade que...
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
•
Ás mulleres gústalle o abuso senón marcharían.
O maltrato ás mulleres é algo raro e illado.
Acontece en familias de baixos ingresos e etnias.
Non hai maneira de romper coas relacións abusivas.
Homes adictos ás drogas, parados, con estrés no traballo… son violentos como efecto da súa
situación persoal.
A violencia dentro da casa é un asunto da familia que non debe de saír fóra.
Cando unha muller di ‘non’ quere dicir ‘si’.
Os homes son de natureza violenta.
O home maltrata porque é un enfermo ou un tolo.
Maltratan porque perden o control.
Os homes maltratadores fano a consecuencia de teren sufrido malos tratos na infancia.
Tratamento para a recuperación das vitimas
É habitual que ata que a muller tome a decisión definitiva de saír dunha relación violenta, pase por
un período de reflexión e incluso manifeste varias tentativas. Durante este proceso quizais xa
solicite axuda terapéutica, ou non.
A partires da súa decisión de romper coa situación de violencia, o apoio psicolóxico centrarase en
varios aspectos, partindo sempre dunha valoración previa das necesidades e demandas particulares
de cada muller. Determinadas cales son as secuelas concretas produto da situación vivida, avaliarase
a súa dimensión e graduaranse para establecer unha orden para o tratamento.
Algunhas das intervencións máis habituais e básicas para a súa recuperación
son:
• Información sobre a violencia de xénero, causas, orixe, mitos, etc.
• Redución da activación e da ansiedade nas formas en que se manifeste (insomnio,
agorafobia, crises de pánico, etc).
• Fomento da autonomía, tanto a nivel psicolóxico, a través dun cambio de ideas
distorsionadas sobre ela mesma e o mundo, como a nivel social, económico, etc, orientándoa
na procura de emprego, recuperando apoios sociais e familiares...
Recomendacións ante unha situación de maltrato
Lembra que ningunha muller debe permanecer nunha relación na que non se sinta respectada como
persoa nin se lle recoñeza como igual.
Podes buscar axuda nos Centros de Información ás Mulleres e asociacións especializadas que che
informarán e apoiarán nas actuacións que debes levar a cabo.
Se aínda non tomaches a decisión de saír da situación de violencia ou se xa o decidiches pero aínda
convives co agresor, convén que sigas algunhas recomendacións para reducir o perigo de posibles
agresións e para actuar no caso de que se produza un novo episodio violento.
Plan de seguridade
Cando se produza ou creas que se pode producir unha nova agresión:
• Evita estar en lugares nos que o agresor poida acceder a obxectos perigosos, como a cociña.
• Permanece nunha habitación fóra do alcance do agresor e próxima á porta da rúa co fin de
facilitarche a saída do domicilio.
• Refúxiate coas túas fillas e fillos na casa dun veciño/a.
• Pecha todas as entradas se o agresor saíu do lugar.
• Inventa unha linguaxe de signos ou sinais que che permita comunicarlles aos teus fillos/as o
momento no que deben saír do domicilio familiar e acudir á casa dun veciño ou veciña onde
poidan refuxiarse e pedir axuda.
• Pon en coñecemento dalgún veciño/a da túa confianza a túa situación e pídelle que chame á
policía no momento en que oia calquera suceso violento no domicilio familiar.
• Pensa no domicilio dalgunha persoa amiga ou familiar onde refuxiarte ata que non exista
risco e poidas regresar ao teu domicilio. Se non contas con ningunha persoa que poida
axudarche, localiza con anterioridade o enderezo e o teléfono dos servizos de atención a
mulleres vítimas de violencia de xénero onde poderás pedir axuda e un aloxamento de
urxencia. Teléfono de información ás mulleres: 900-400-273.
• Ensínalles aos teus fillos/as a marcar o teléfono de urxencias (112) onde poderás solicitar o
auxilio da policía, garda civil, servizos médicos de urxencias...
• Ten sempre a man:
1. Documento Nacional de Identidade (tarxeta de residencia ou pasaporte se es
estranxeira).
2. Un xogo de chaves de reserva do domicilio e do coche.
3. Un xogo de roupa para ti e os teus fillos e fillas.
4. Carta ou tarxetas sanitarias.
5. Axenda de teléfonos na que debes incluír todos os teléfonos de amizades ou
familiares que poidan apoiarte así como os números de teléfonos de Centros de
Información ás Mulleres ou asociacións ás que podes chamar solicitando axuda.
6. Contrato de compra-venda ou arrendamento da vivenda.
7. Libro de familia.
8. Denuncias e informes médicos de agresións anteriores.
9. Caderno, talonario e/ou tarxetas bancarias.
10.Documentos que acrediten os ingresos e os gastos familiares.
• Ten en conta que é conveniente que contes cunha cantidade de diñeiro que che permita facer
fronte aos gastos teus e dos teus fillos/as ata que haxa, se é o caso, unha resolución xudicial
que fixe unha achega económica por parte da túa parella ou cónxuxe. Se é posible ten unha
pequena cantidade de diñeiro aforrada.
• Se o teu teléfono grava os últimos números marcados, cando realices algunha chamada
pedindo información ou axuda en relación coa situación de maltrato, ten a precaución de
marcar posteriormente un número de teléfono que non infunda sospeitas ao agresor, o de
amizades ou familiares, para evitar que o agresor descubra o número ao que realmente
chamaches.
Actuacións cando se produce unha agresión
Ademais de seguir as medidas do plan de seguridade, se sofres unha agresión é necesario que
realices algunhas actuacións que serán de gran utilidade nos procedementos xudiciais, penais ou
civís, que inicies con posterioridade. A maioría destas actuacións tenden a que quede probada a
realidade da agresión e outras teñen como finalidade a túa protección.
• Chama á policía (091) ou á garda civil (062), dá o teu nome e o enderezo onde te atopas e
solicita axuda. Mentres chega a patrulla é conveniente que sigas rigorosamente as súas
indicacións. É posible que a policía ou a garda civil procedan á detención do agresor,
trasladándoo á comisaría.
• Se podes, avisa a algún veciño/a ou familiar que poida presenciar e posteriormente declarar
como testemuña no procedemento xudicial sobre:
1.
2.
3.
4.
5.
O teu estado físico (golpes, feridas, erosións, inchazóns, etc.) e
O teu estado anímico (medo, angustia, etc.) logo da agresión.
A situación física e anímica dos fillos e/ou fillas.
Os danos producidos na vivenda, as roupas, o enxoval...
A actitude do agresor.
• Recolle e garda toda a documentación persoal, túa e dos teus fillos e fillas (DNI, tarxeta de
residencia ou pasaporte, libro de familia, carta ou tarxetas da Seguridade Social, caderno,
talonario ou tarxeta bancaria...), así como aquela que vai resultar útil nos procedementos
xudiciais (documentos acreditativos dos ingresos e dos gastos familiares: nóminas,
xustificantes de pago de horas extras, recibos do aluguer, facturas de electricidade, teléfono,
seguro médico, pediatras, farmacia, supermercado, gastos de escolaridade dos fillos e das
fillas e actividades extraescolares; documentos acreditativos de agresións anteriores:
denuncias, informes médicos, sentenzas...). Conserva todos os xustificantes dos gastos que
se produzan como consecuencia da agresión (gastos médicos, farmacéuticos,
desprazamentos...). Toda esta documentación necesitarala para acreditar os danos
económicos que a agresión supuxo e reclamar o seu importe ao agresor.
Se se produciron lesións físicas, ademais das anteriores actuacións, é conveniente que sigas as
seguintes recomendacións:
• Acode a un centro médico-sanitario. O parte médico de urxencias será remitido
•
•
•
•
ao Xulgado de Garda. É conveniente que expliques con precisión todas e cada
unha das lesións sufridas, se tamén te forzou a manter relacións sexuais e se tes
sinais de agresións anteriores.
Toma fotografías das lesións. Ten en conta que é posible que pasen días ata que
sexas citada polo xulgado para que o/a médico/a forense examine as lesións
sufridas e para entón estas poden desaparecer totalmente. Será de gran axuda que
ti poidas achegar fotografías nas que se poidan observar as lesións tal e como
eran nos días inmediatamente posteriores á agresión.
Acode ao/á medico/a de familia, pon no seu coñecemento os feitos sucedidos
para que poida realizar un seguimento das lesións. Non esquezas que estas
últimas son tanto as físicas como as psíquicas.
Garda copia de todas as receitas e informes médicos, é moi importante que teñas
no teu poder documentos médicos acreditativos de todas as consultas e
asistencias médicas que necesites para curar as túas lesións.
Se fuches obrigada a manter relacións sexuais non te laves e acode ao servizo de
urxencias ou de xinecoloxía do hospital, e explícalles de que xeito ocorreron os
feitos sen avergoñarte por iso.
Se tras a ruptura segues sendo acosada:
Pode acontecer que tras decidires romper a relación, o agresor se resista a perder o control sobre ti:
perseguíndote, vixiándote, chamándote constantemente, atemorizándote, molestando a familiares e
amigos, desprestixiándote laboralmente, ameazándote con suicidarse ou facer dano a un ser
querido... Todos estes actos que afectan á túa vida social, laboral e persoal, son indicadores dunha
posible acción violenta.
Ante esta situación:
•
•
•
•
Denuncia a situación.
Evita calquera contacto con el.
Non aceptes nunca un encontro a soas.
Evita estar soa.
Como se acredita unha situación de violencia de xénero
Para os efectos da Lei 11/2007, galega para prevención e tratamento integral da violencia de xénero,
a situación de violencia acreditarase por calquera das seguintes formas:
• Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia
autenticada pola secretaria ou polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da
medida cautelar.
• Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en
calquera das modalidades definidas nesta lei.
• Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración publica
autonómica ou local.
• Certificación dos servizos de acollida da Administración publica autonómica ou local.
• Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
• Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
• Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
• Imprime o seguinte folleto
Descargar