EFB 1.2.3 FICHA FC: O CORAZON NOS IMPULS@ NOME E APELIDOS ______________________________IDADE ___________ CURSO ______ Por qué tomar as pulsacións? Cando se realiza actividade física é necesario controlar a intensidade do esforzo para adecualo ás nosas capacidades e evitar posibles sobresforzos. Unha das formas mais sinxelas e prácticas e controlar as pulsacións a través da FRECUENCIA CARDÍACA (FC) ou o que é o mesmo, medindo as pulsacións por minuto as que late o noso corazón. Como? O modo mais eficaz é utilizando un pulsómetro fiable aínda que actualmente hai APPs que te permiten calculala dunha forma sinxela. Se non dispoñemos de ningún destes elementos, cos dedos índice e medio, cunha lixeira presión en... Onde? Na arteria radial (pulso) na arteria carótida (colo) ou directamente no corazón. Durante canto tempo? Recorda que a FC se mide en pulsacións por minuto (p/m). O xeito mais sinxelo sería contar as pulsacións en 6 segundos e multiplicar por 10 así saberemos as que teríamos nese momento nun minuto. Que referencia podemos tomar para valorar o noso progreso físico? 1- FC basal: antes de erguerse da cama pola mañá. 2- FC en repouso: despois de como mínimo 5 minutos de repouso e en posición de pé sen ter realizado ningún tipo de exercicio. 3- FC tras o exercicio (inmediatamente despois e comparando o exercicio feito nas mesmas condicións) O exercicio físico de resistencia dun xeito regular e continuo favorece a RECUPERACION e ADAPTACIÓN do individuo ó exercicio reducindo a FC en calquera das tres situacións comentadas anteriormente. Así o corazón traballará dun xeito mais económico e eficiente (cansámonos menos e nos atoparemos mellor) Que é a FC máxima? A frecuencia cardíaca máxima (FCmax) son as máximas pulsacións que se estiman podemos acadar durante un exercicio. Podemos calculalo mediante unha formula relacionada coa idade expresada en anos: - FCmax = 220 – idade (nos rapaces) FCmax = 226 – idade (nas rapazas) Cales son as pulsacións nas que debo traballar para mellorar dunha forma saudable? Estaríamos falando que para unha actividade saudable teríamos que estar entre o 70% e 80% da FCmax. ACTIVIDADES 1- Calcula a tua FCmax FC MAX= 2- Completa a FC que tiveches nas seguintes actividades ACTIVIDADE FC (p/m) Está a fc dentro do marxe de mellora saudable? (SI ou NON) 1. Estado basal (ó erguerse da cama) 2. Estado de repouso (en pé) 3. Sentado na clase 4. Tras un minuto andando 5. Cinco minutos correndo 6. Tras facer 20 abdominais 7. Tras un sprint de 30 metros 8. Tras un xogo suave 3- Coloca na seguinte grafica os resultados obtidos nas actividades anteriores. Marca cunhas lineas verdes a zona de actividade de mellora saudable, cunha liña vermella a da FC maxima e cunha liña azul a túa frecuenca cardiaca basal.