mm día das letras galegas el correo gallego 17 de maio de 2016 Manuel María e Saleta Goi en maio de 1993 2 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 manuel maría, poeta nun país de minifundios a real academia galega dedícalle o 17 DE MAIO ao escritor da terra chá, autor prolífico e COMPROMETIDO CON GALICIA texto Real Academia Galega A terra que tanto o inspirou, Outeiro de Rei, viu nacer a Manuel María Fernández Teixeiro o 6 de outubro do ano 1929. O primoxénito de Pastora Teixeiro Casanova e Antonio Fernández Núñez veu ao mundo na Casa de Hortas, o lugar que hoxe acolle a casa museo dedicada á súa figura. O futuro poeta medrou naquel fogar labrego acomodado tendo acceso a algunhas obras da literatura galega ou ao Gaiteiro de Lugo, que adoitaba mercar o seu pai. Pero tamén na escola á que acudiu en Rábade, á outra beira do río Miño, tivo un primeiro achegamento á poesía na lingua nai. Malia os tempos que corrían, o seu mestre dedicaba os sábados á lectura de Amado Carballo ou Manuel Antonio, que máis adiante deixarían pegada no primeiro poemario de Manuel María. O vínculo afectivo coa Casa de Hortas manteríase sempre forte, pero con só 12 anos, tras a morte do pai, marchou a vivir a Lugo co seu tío, Xosé Fernández Núñez, o párroco de San Froilán. Home severo e de gran formación intelectual, marcou o seu espertar á mocidade, no que ben axiña amosou o seu interese polo mundo literario. Manuel María soubo aproveitar como lector a biblioteca do tío, mais tamén gastaba os cartos que tiña en librarías de Manuel María, esda., cos pais e irmáns en 1940 Foto: Arquivo familiar vello enchoupándose nos clásicos. Como poeta fincaba tamén alicerces: de volta a Outeiro de Rei polo verán, Manuel Paderna, xornaleiro na Casa de Hortas, aprendíalles a el e a outro rapaz a compoñer versos. Tras un tempo nos Maristas, no quinto curso trasladouse ao Instituto de Lugo para rematar o bacharelato. Foi nesa época cando coñeceu a quen sería un dos seu grandes amigos, Uxío Novoneyra, e tamén aos intelectuais galeguistas que estaban na cerna da recuperación cultural no Lugo de finais dos anos 40 e comezos dos 50. Foi grazas ao seu profesor de Literatura, Lázaro Montero, cando lle presentou a Celestino Fernández de la Vega para que impartise unha conferencia no Círculo das Artes, dentro dun ciclo titulado Los jóvenes valores lucenses. Manuel María coñeceu naquel acto a Luís Pimentel, a Juan Rof Codina e a outros habituais do faladoiro do Cantón Bar, que pouco despois se trasladaría ao Méndez Núñez. O vínculo afectivo coa natal Casa de Hortas manteríase sempre forte El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 3 4 especial e n 1949, xunto ao seu amigo Manuel Antonio Sopena, Manuel María fundou a revista de poesía na que faría públicos por primeira vez versos da súa autoría. A publicación, por suxestión de Pimentel, chamouse Xistral, nome que anos despois foi recuperado para a colección de poesía que creou con Ánxel Xoán. Pouco despois, en 1950, saía do prelo o seu primeiro libro, Muiñeiro de brétemas, escrito un ano antes, cando só tiña 19 anos. Con este poemario converteuse no primeiro autor novo en publicar en galego tras a guerra civil. Aínda debedora da mocidade, esta obra inaugurou a denominada Escola da Tebra, caracterizada pola influencia da filosofía existencialista de Martin Heidegger e Karl Jaspers, así como pola obra de Jean-Paul Sartre e Albert Camus. O seu desexo era estudar Filosofía, pero en 1950 acabou matriculándose por libre na carreira de Dereito por vontade do seu tío. Froito daquela frustrante e curta experiencia, nunha noite de insomnio, segundo el mesmo contaría despois, escribiu Morrendo a cada intre, publicado en 1952. A morte do seu irmán pequeno nun atropelo incrementou a angustia existencial e deu lugar a Libro de pregos. Escrito en 1951, este poemario gañou o Premio Eduardo Pondal de Poesía en Buenos Aires en 1955 mais non se publicaría ata 1962. Desa época de desasosego é tamén Advento, co que gañou o Premio Castelao de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires no ano 1952. Os versos da crise persoal de mocidade deron paso a unha nova etapa de apertura á paisaxe, inaugurada con Terra Chá. Manuel María coidaba que esta obra foi froito das lecturas d’O ermo de Noriega compartidas con Novoneyra no tempo libre que lles quedaba cando cadraron no campamento de Parga. El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 Pero a maior parte do servizo militar fixérona os dous novos poetas en Compostela, onde Manuel María iniciou unha estreita relación con Ramón Otero Pedrayo e, sobre todo, co pintor Carlos Maside, que o introduciu nas teses marxistas. Alí tamén se incorporou ao faladoiro do Café Español a carón de Borobó, Bouza Brey, Ramón Lugrís, García Sabell, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo... e outros escritores máis novos como Pura Vázquez, Pilar Vázquez Cuesta, Celso Emilio ou Xosé Manuel Beiras. Manuel María era, xa naquela altura, coñecido nos centros culturais do país e participaba en numerosos recitais de poesía. Arredor de 1954 foi convidado por Ramón González Alegre, director da revista Alba, a colaborar na publicación e na súa casa coñeceu a dous poetas dos máis En 1950 sae do prelo o seu primeiro libro, titulado ‘Muiñeiro de brétemas’ novos: Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín, co que mantería unha estreita relación. Ese mesmo ano viu publicados Advento e Terra Chá e gañou os Xogos Florais de Ourense, recoñecemento ao que seguirían moitos outros nos vindeiros anos. Para se gañar a vida, o poeta decidiu preparase para procurador dos tribunais. Tras o servizo militar e de regreso a Lugo, mentres preparaba estas probas, que superaría en 1957 cunha das máximas cualificacións, Manuel María coñeceu a Saleta Goy, a súa muller e compañeira na meirande parte dos seus proxectos, presente tamén en diante ao longo da súa obra. A parella instalouse en Monforte de Lemos en 1958. Xulio Cuns, Ferrín, Manuel María, Franco Grande e Ramón Lorenzo en Compostela en 1957 Foto: A. Familiar El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 5 6 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 N os anos sesenta e setenta a poesía e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo. No entanto, a carón do traballo intelectual, o poeta manifestou o seu compromiso na militancia política clandestina e formou parte da UPG e da Fronte Cultural da ANPG. A súa opción provocoulle marxinación en certos sectores intelectuais que, se ben traballaban na resistencia cultural, non aprobaban a participación en organizacións políticas marxistas. Neste contexto, a disparidade de posicións con respecto ao grupo de Galaxia levouno a crear Edicións Xistral no ano 1967. Desde este selo, coa colaboración de Basilio Losada e Lois Diéguez, lanzaría a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo, Xosé Luís Álvarez Pousa, Fiz Vergara Vilariño, Xosé Lois García, Bernardino Graña e o propio Manuel María. O mesmo nome que a editora levaríao a libraría que abriu xunto a Saleta en 1970, un auténtico centro de dinamización cultural desde Monforte. Para daquela Manuel María era xa un dos poetas máis coñecidos de Galicia, mentres seguía a participar en múltiples iniciativas culturais. El mesmo presentou a Raimon no recital que o cantautor catalán deu no ano 1967 na Residencia de Estudantes de Santiago, que serviu de acicate para o nacemento dunha nova canción en lingua galega e antifranquista. Fixo igualmente o propio no concerto de presentación de Voces Ceibes, celebrado o 1 de decembro de 1968 na mesma cidade e incluso gravou ese ano un disco no que recitaba versos da súa autoría, Manuel Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Xavier e Benedicto (Voces Ceibes) xunto a Manuel María na Alameda de Santiago en 1968 Foto: Arquivo familiar María. Poemas ditos coa súa voz. Do 68 é tamén o seu primeiro libro de poemas infantís, Os soños na gaiola, escrito cando a produción literaria en galego para o público máis novo apenas sumaba uns poucos títulos e unha década antes da introdución oficial da lingua galega no ensino. Tras saír á luz por primeira vez nunha edición non venal, en 1972 a Editorial Celta reeditouno e sería a partir dese momento cando empezaría a gañar popularidade, se ben á súa sona De 1968 é o seu primeiro libro de poemas infantís, ‘Os soños na gaiola’ En 1977 presentouse de número un na lista do BN-PG ao Senado por Lugo axudou moito o disco do mesmo nome que Suso Vaamonde gravou en 1978, no que cantaba os seus versos. Pouco despois, en 1979, Manuel María fixo público As rúas do vento ceibe, outro éxito da poesía para o público máis novo e outra contribución destacada á normalización do idioma entre as novas xeracións. Desde finais dos setenta e ao longo da década seguinte, a implicación política do escritor fora en aumento. Esta faceta tivo tamén a súa expresión poética, especialmente a partir de Acuso á clase media e outros poemas de perfil social e político incluídos en Remol (1970). En 1977, nas primeiras eleccións parlamentarias tras o franquismo, presentouse de número un na lista do BN-PG ao Senado por Lugo e nas primeiras eleccións municipais foi escollido concelleiro polo BNG en Monforte de Lemos. Máis tarde chegou a ruptura coa UPG-Liña Proletaria liderada por Ferrín, que concluíu coa continuidade de Manuel e Saleta na UPG. Codesadas, nº 5 - Figueiras. T. 981 56 25 95- [email protected] - Santiago de Compostela El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 7 8 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 a súa produción literaria non se viu reducida por mor da implicación política. Pola contra, o escritor multiplicou a súa actividade. A diversidade nos xéneros que cultivou foi recoñecida ao gañar, en 1976, o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Cinematográfica Galega. Na súa poesía, 1977 supón un ano ponte entre Poemas para construír unha patria, o libro máis definido na aposta nacionalista, e Poemas ao Outono, que marcou en parte unha nova etapa que continuou con Poemas da labarada estremecida, publicado en 1981. Este libro, cun claro cambio de rumbo, dedicouno á súa historia de amor, analizando a vida desde unha perspectiva máis madura, con maior preocupación pola forma dos versos e no que se produce, tamén, un regreso á infancia, á paisaxe das súas orixes, Outeiro, a Terra Chá. En diante a poesía social ou patriótica que tanto cultivara na etapa anterior case desapareceu da súa produción, que seguiu a ser intensa. Ademais de poesía, escribiu ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti ou Crecente Vega e publicou pezas de teatro e centos de artigos en xornais e revistas galegas ou de fóra como El Ideal Gallego, EL CORREO GALLEGO, El Progreso, Manuel María, retratado na praza de Feixóo, en Santiago, cabo da redacción de EL CORREO Foto: Nacho Santás Grial ou A Nosa Terra, onde escribiu baixo o pseudónimo Manuel Hortas Vilanova. Como persoa comprometida socialmente, entre as últimas iniciativas coas que colaborou figuran as de Burla Negra e a Plataforma Nunca Máis, a raíz do desastre do Prestige. En 1999 volveu ademais concorrer nunha lista electoral, polo BNG, na cita coas urnas que Lugares como Lugo, Monforte ou A Pobra teñen rúas na súa honra supuxo a designación do primeiro deputado nacionalista galego no Parlamento Europeo. Ao longo da súa vida, foi recoñecido con numerosos galardóns como o Premio Celanova, Casa dos Poetas, outorgado en 1990, ou o Pedrón de Ouro, que recibiu en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro. O 15 de setembro de 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Gale- ga dedicoulle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e, en maio de 1997, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou en Outeiro de Rei a homenaxe O escritor na súa Terra, na que se plantou un carballo, se descubriu unha pedra conmemorativa e se inaugurou unha rúa co nome do poeta. Outros lugares coma Lugo, Monforte ou A Pobra do Caramiñal contan tamén cunha rúa na súa honra. A influencia do escritor foi tal que a súa reivindicación da Terra Chá obtivo os seus froitos cando, en xuño de 1990, a Asociación Xermolos celebrou os Primeiros Encontros na Terra Chá. En 1999, os centros de ensino da comarca, xunto con colectivos culturais e concellos, decidiron celebrar todos os 21 de marzo o Día das Letras Chairegas, cuxo primeiro homenaxeado, no ano 2000, foi Manuel María. Noutra terra importante na súa vida, Monforte de Lemos, o poeta foi nomeado fillo adoptivo en 1987. O 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, ingresou na Real Academia Galega co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. Manuel María finou na Coruña o 8 de setembro de 2004. Foi despedido no Panteón de Galegos Iustres, en Bonaval, e soterrado en Outeiro de Rei. especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 manuel maría, AQUÍ, EN GALIZA texto Xosé María Álvarez Cáccamo A s primeiras noticias que tiven de Manuel María chegaron na sobremesa familiar da miña adolescencia. Viña o seu nome na voz da miña nai, disposta a acompañar ao meu pai a algún congreso ou encontro literario se entre os convocados figuraba Manuel María. “Vou se vai Manuel María. ¡É tan guapo!”. Era unha brincadeira de leve coquetería que hoxe me devolve unha dobre imaxe saudosa da miña mocidade: a de Manuel e a da miña nai, a fermosura dos días lonxincuos e os corpos novos e felices. Cando coñecín a Manuel entendín de vez as razóns de miña nai: nos seus ollos transparentaba a fondura dunha beleza cabal, moi competente, en adxectivo de humor reiterado na fala oral do propio poeta. O rostro de Manuel temperado nos matices dun equilibrio moi preciso, era –per- O rostro de Manuel era unha declaración aberta de luminosa bondade A pé firme, todos os 25 de xullo, no seu lugar, na praza da Quintana manecerá sempre así na miña memoria– unha declaración aberta de luminosa bondade. No seu relato incesante e sempre renovado traía el tamén a evocación garimosa dos meus e aquel tempo antigo e case lexendario en que a xente de ben se xuntaba a resistir a maré do terror franquista, de onde vén aínda hoxe ese vulto de lama tediosa que non remata de fundirse. Con Manuel e Saleta en Coimbra. Tamén xantaban connosco Egito Gonçalves, Rosa Alice Branco e Xavier Seoane. Manuel engaiola as comensais co seu monumental discurso me- morístico e o fío nunca perde ocasión de engranzar as miniaturas do suceso sorprendente, do dado exacto, da completa urdime de relacións humanas entre os suxeitos infinitos da multitude convocada pola memoria. Manuel prende a mecha das xenealoxías co mesmo aceno de pícara furtividade con que che entrega de esguello o seu acendedor para dar lume ao pito compartido e relativamente clandestino. “¿Non quererás lume? Agarda, que non nos vexa Saleta”. Compartimos tamén o terror do avión. Descemos pálidos en Compostela, logo dunha inauturábel cabalgada aérea desde algún encontro Galeusca en Catalunya ou Euskadi, e Saleta decide que Manuel nunca máis se vai someter a ese suplicio de ingravidez e vertixe inhumana. El afirma os pés seguros por rúas e ruelas de Monforte, que unha tarde me explica con pormenor irrepetíbel. Detémonos, lembra un verso de alguén, un nome de outro, unha historia con moito aquel. A pé firme tamén, todos os 25 de xullo, no seu lugar de sempre, na praza da Quintana, sobre o banco corrido, onde me reserva un oco. O pequeno grupo permanece nese lugar preciso do mundo, nesa cuadrícula do universo: Saleta e Manuel, Margarita Ledo, Pepe Estévez, Bea e máis eu, os nosos nenos, talvez alguén máis. Manuel a pé firme nun compromiso inimitábel, na loita política desde a banda da esquerda e do nacionalismo e coa poesía como instrumento civicl e artístico en todo tempo. E o rigor modélico da súa presenza pública, xenerosamente disposto sempre. Abro ao chou o volume I da súa Obra Poética Completa, que debería figurar en todas as bibliotecas públicas e privadas do país e leo: “Estou entre a néboa, aquí en Galiza”. Aquí, en Galiza, Terra Chá, ou sexa o mundo, Manuel María, a pé firme na néboa, a fermosura do teu ser completo, o testemuño dunha entrega á vida que non conclúe con ese estilo teu, tan discreto de marchar, de “bifurcarte”, como dicías, como dis. Artigo publicado en EL CORREO GALLEGO o 10-9-2004 Manuel María, Saleta, Xosé Estévez, Margarita Ledo e Pepe Cáccamo un 25 de xullo de 1995. Foto: A.F. PREMIO Ó MELLOR PROXECTO INFANTIL CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 9 10 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 mANUEL MARÍA CONTRA A RETRACCIÓN POÉTICA texto Luís Cochón A figura de Manuel María non precisaba do pregón da Academia coram populo para ser coñecida e respectada neste 2016 en que o Día das Letras Galegas estalle a ser dedicado. Viralle ben na hora de deslindar que poemas ou poemarios de seu, entre tanto grandor medrado, deben entrar na escolla óptima que configura o canon literario de, entre nós, que ha de ser estrito, aínda que a algúns –que de todo hai– considerarían estreito. Fagamos a escolleita ecuánime e conforme con criterios de beleza poética, de coherencia estética, amais dos valores éticos e patrióticos que de certo hai na voz creadora de Manuel María. A demouca non é innecesaria nunha obra que acaba por ser desmesurada e discorde. Nada retraído, o poeta de Advento, por dicir entre tantos, foi laborando na tenza maior, ós candos, a palabra escandida, os versos, a voz poética irredenta, compulsiva, ós moitos, que ningún outro creador de noso, no seu tempo, en tódolos tempos, na nosa galega poesía, en tódolos modos, te- ña traído a lévedo o seu labor medrado, inxente por demais, desaforado: tal a ametencia do río, xa de por si auga caudal. Labor de autor, ós poucos, cando autor se di do que fai medrar, á letra etimolóxica. Ese medrío precoz e alongado foi cousa de Manuel, que non esperou a que o mester poético viñera a el: buscouno el, queiras que non, de grado ou por forza, durante máis de medio século de escritura sen acougo. Pregúntome eu como fixo Manuel María para cultivar o silencio na súa poética, que o ten, parte esencial do discurso poético, os brancos da páxina ou a páxina en branco, cando non dá chegado a emoción de dicir. Entón, mellor calar porque o alicerce do poema repousa nese silencio fundante e creador, anterior á propia escrita. A poética do silencio. O resto é foraño. Así o entenderon Cuña Novás e Uxío Novoneyra, os outros dous pés da trepia sempiterna na década dos cincuenta, polo entón poetas mozos. Manolo Cuña era un iluminado interior, autor dun único libro de poemas, Fabulario novo, de excelencia e de Manuel María, esquerda, María Mariño e Uxío Novoneyra no Courel tantísima influenza posterior, mesmo nos outros dous. Quixo que o silencio se fixera riba del: retraeuse e calou silente. Novoneyra dixo de si propio ser poeta de dous libros, acaso tres, por moitos engadidos e variantes, verdadeiras escolmas da obra anterior, que tampouco a fan medrar. Foron escritores retraídos –Cuña e Novoneyra– e souberon quitarse cando a voz poética deixou de ser, de estar neles. Se iso pasa, cando se perde ese don, o don de poesía que é don de entusiasmo e mocidade, canto de epifanía e revelación, acabouse o poeta. Cuña e Novoneyra soubéronse poetas porque a poesía os chamou. Manuel María non se soubo poeta: quíxoo ser, chegar a ser. Se non se vai por esa vía de acceso, por esa incerteza, nada se comprenderá dos versos de Manuel –xustamente fermosos– nos mellores momentos que o propio poeta non soubo escoller entre tanto balumbo e redroma, que os fai inabarcables de vez. Manuel María é dos poetas –que por maiores que sexan– necesitan escolma e antoloxía e, chegado o caso, tamén crestomatía selecta. Daquela tríade de poetas mozos no ecuador do século, polo pouco, ó que menos tratei foi a Manuel María Fernández Teixeiro. Cos outros dous, Cuña e Novoneyra, convivín folgadamente. Hei dicir que da obra poética dos tres, o que máis me interesou, para sempre, foi a primeira: os primeiros poemarios, a xeira iniciática. Beizón para a Chaira. Beizón para o Chairego. especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 11 A Fegamp difunde a obra de Manuel María Alfredo García, presidente da Fegamp e alcalde socialista do Barco de Valdeorras. Foto: Miguel Muñiz texto Sofía Bermúdez c Alfredo García Rodríguez Presidente da Fegamp o gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2016, a Fegamp amosa o seu apoio e compromiso coa cultura galega a través do convenio asinado coa Fundación Manuel María, mediante o que pretende difundir e achegar a obra do escritor entre a cidadanía galega. O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, e a viúva do escritor e presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, Saleta Goi, coincidiron no compromiso de promover a cultura e lingua galega no ámbito local, a través da figura do poeta chairego, un intelectual que chega á xente. por parte de escolares ou a convocatoria a lectura simultánea da obra de Manuel María o pasado 23 de abril, Día do Libro. A Fegamp ten a disposición dos concellos un catálogo de posibles actividades culturais, docentes e de ocio (música, teatro, recitais, etc.), para facilitar a organización dos mesmos nas entidades locais que así o requiran. CONVENIO. A colaboración recolle diferentes actividades, que a Fegamp está promovendo en todos os concellos de Galicia para homenaxear a figura de Manuel María, como a posta en marcha dun concurso escolar de recitado poético, a programación de representacións teatrais sobre obras do poeta, concertos con grupos que teñen poemas musicados do autor de Outeiro de Rei, a realización de vídeo-poemas Os concellos interesados en contar con documentación sobre o autor, ou con información sobre posibles actividades, grazas ao convenio poden contactar coa Fundación Manuel María. Esta ofrecelles, tanto fondos documentais, como contactos con artistas e compañías de Galicia que, a día de hoxe, contan con repertorio relacionado co autor. Ademais, tamen dispón de asesoramento para a realización de actos. A colaboración coa fundación do poeta promove actividades nos concellos “Asinamos o convenio por compromiso coa cultura” d espois de 17 anos como alcalde do Barco de Valdeorras, o socialista Alfredo García foi elixido presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en outubro do ano pasado. No seu mandato defende a política de portas abertas, con diálogo e participación de todas as institucións e forzas políticas, e o apoio á cultura. En que consiste o Convenio asinado entre a Fegamp e a Fundación Manuel María? Asinamos este convenio coa Fundación de Outeiro de Rei para amosar o compromiso da Fegamp coa cultura e a lingua galegas. Nos últimos meses e ao longo deste ano, desde a Fegamp promovemos actividades en todos os concellos de Galicia, relacionadas con Manuel María, coa súa obra e figura, fundamental na nosa literatura. Esta colaboración coa funda- ción que actividades engloba? A nosa liña de traballo principal é poñer a disposición dos concellos un catálogo de propostas culturais e docentes, como recitais poéticos, pezas de teatro, concertos, etc. Asesorado pola Fundación. Tamén, algo moi importante, os concellos interesados en contar con documentación sobre Manuel María, como fotos, vídeos ou textos, grazas ao convenio poden acceder a ela libremente. Son xestos que axudan aos municipios, sobre todo aos máis pequenos, a organizar este tipo de eventos culturais. Porque decidiron celebrar a comisión executiva da Fegamp nas instalacións da Casa Museo Manuel María o 18 de maio? A viúva do escritor, Saleta Goi, que tamén é presidenta da Fundación Manuel María, convidounos á Casa Museo e a nós pareceunos unha boa oportunidade para que a Fegamp se implique máis aínda na celebración das Letras. A Executiva xuntámonos unha vez ao mes e, salvo contadas excepcións, sempre na nosa sede de Santiago. Pero esta ocasión paga a pena e mañá estaremos os 17 alcaldes e alcaldesas que a conformamos en Outeiro. Considera que a reunión da Executiva, nesta data sinalada, pode ser un bo momento para reivindicar que Galicia reciba un reparto de fondos máis xusto? Os municipios merecemos que se nos escoite e apoie nas nosas reivindicacións. Precisamos un marco de competencias axeitado e con criterios de financiamento xustos para todos e cada un dos 314 municipios galegos. Unha lei que teña en conta as particularidades do noso territorio, como o envellecemento e a dispersión. E neste eido, todos os grupos representados na Fegamp temos unha voz única. Creación dunha comisión en defensa da postura galega a A comisión vaise reunir de xeito periódico para elaborar un documento marco Fegamp constituíu unha comisión de análise para defender unha postura galega na reforma da normativa que rexe as Facendas Locais. A comisión, formada por representantes do eido político, técnicos da Fegamp e un grupo de expertos en materias de finanzas, dereito, urbanismo e outros eidos de especialización, recollerá as demandas dos concellos galegos en canto a financiamento, competencias e traballo administrativo. O obxectivo é anticiparse ao debate lexislativo e que as peculiaridades municipais galegas poidan ser tidas en conta na futura normativa: dispersión territorial, envellecemento e medio rural, entre outras. “Estamos nun momento clave para que o municipalismo teña visibilidade no conxunto dos poderes do Estado e poida sentarse nunha mesa de negociación en igualdade de condicións, tanto co goberno central como coas comunidades autónomas. Sobre todo, de cara á elaboración da nova lei que determine as competencias e os servizos que teñan que prestar os concellos, e o financiamento axeitado para facelo”, destaca o presidente da Fegamp. 12 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 De esquerda a dereita, Paco Cortiñas, Xosé Manuel de Escairón, Manuel María, XF e Saleta, na rúa Cardenal de Monforte en febreiro do 1977, celebrando a legalización da ANPG o incendiario: un home que puxo as mentes a pensar... manuel maría era discípulo de luís pimentel. Este, de francis jammes. os dous marcárono texto Xurxo Fernández N a súa xuventude, Manuel María participaba das tertulias e dos encontros con Luís Pimentel, en Lugo. Hai un feito puntual que Manuel me contou. En 1920, chegaron á cidade arredor de vinte exemplares do recén traducido (polo egrexio Enrique Díaz Canedo) Del toque del alba al toque de oración, de Francis Jammes, editado entón por Calpe. Pimentel comprounos todos. Gardounos, e íallos repartindo ós seus discípulos. A Manuel deulle, por algunha razón –“se tes algún compromiso, agasállao a quen penses que o merece”–, dous exemplares. Ese exemplar a maiores sería, co tempo –semella que o merecía–, para min. Pero por que era tan importante ese volume? Abonda con lelo. Hai nese breviario luminoso algún dos mellores poemas de que teño noticia. A Manuel gustáballe especialmente un. O chamado Septiembre. Quero que lean un fragmento decisivo: “¡Oh Musa, calma un corazón dolorido! Si tienen/ que tornar mis cenizas a los viñedos de septiembre,/ haz que un racimo de oro nazca de mi corazón inerte,/ dulce, para el ágil tordo cantarín. Más: que lleguen/ a mi lado las muchachas y lo cojan, rientes,/ y se lo coman, sin pensar en el sepulcro donde/ duerme/ mi corazón, hermoso ya para siempre./ Cómanselo diciendo a sus amigas: Septiembre/ maduró este año unas uvas de ámbar, largamente,/ y he comido este racimo y estoy alegre...”. Jammes, lido con verdadeira de- voción polos poetas galegos da primeira metade do século, acabaría converténdose nun dos máximos referentes para todos aqueles autores novos, e aí florecería multiplicado. Pero, claro, non era o único que influiría neles. Manuel, lector compulsivo, tiña unha biblioteca de poesía envexable. A el débolle coñecer a obra dos que logo serían algúns dos meus creadores de cabeceira. Como un caso concreto que me transfigurou desde o primeiro intre. Falo de Nicanor Parra, irmán de Violeta. Era o creador do Antipoema. Nunca esquecerei a primeira vez que me leu o agora tan celebrado Noticiario 1957: Plaga de motonetas en Santiago. La Sagan se da vuelta en automóvil. Terremoto en Irán: 600 víctimas. El gobierno detiene la inflación. Los candidatos a la presidencia Tratan de congraciarse con el clero. Huelga de profesores y estudiantes. Romería a la tumba de Óscar Castro. Enrique Bello es invitado a Italia. Rossellini declara que las suecas Son más frías que témpanos de hielo. Final dunha carta que me enviou. Vai subliñado un dos consellos que me repetiría sempre, ata o último día: “Isidoro: pórtate mal...” Se especula con astros y planetas. Su Santidad el Papa Pío XII Da la nota simpática del año: Se le aparece Cristo varias veces... Falábame dos amigos. Conversabamos sobre a situación dalgúns deles. Contábame o caso terrible, patético, dun xigante non só esquecido: tamén menospreciado pola súa xente. Era Gabriel Aresti, o autor de Harri eta Herri (Pedra e pobo). Era vasco. Non era nacionalista, canda menos radical. Era do Partido Comunista. Fixéronlle, na súa terra, a vida imposible. Pese a todo, mesmo ETA incluía versos seus nos diversos panfletos da banda. Farto de todo, chegaría a facer unha historia adicada con moi mala hostia ós seus inimigos interinos. Chámase Canción del estudiante e di tal que así: Muchacha: no me llames ya veleta, que me he vuelto un hombre serio, que me he hecho de la ETA... Manuel coleccionaba moitísima poesía popular de diversos lugares. Recibía de amigos de medio mundo cousas extraordinariamente interesantes. Comezando polos veciños portugueses. Foi quen me descubriu, por exemplo, a obra erótica de Guerra Junqueiro, feita en medio dunha trompa descomunal. Era A Torre de Babel ou a Porra do Soriano, e trataba do pirandárgallo dun paisano lisboeta que, polo que parece, tiña un tamaño descomunal: Eu canto do Soriano o singular mangalho! Empresa colossal! Ciclópico trabalho! Para o cantar inteiro e para o cantar bem precisava viver como Matusalém. Dez séculos! Enfim, nesta pobreza métrica cantemos essa porra, porra quilométrica, donde pendem colhões de que dan idéia vaga as nádegas brutais do Arcebispo de Braga. E que remataba: Porra! Mil vezes porra! Porra de bruto que é capaz de foder o Cosmos num minuto!! Sempre lle agradecerei lección maxistral tan divertida... El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 13 mANUEL MARÍA, UN VERSO LIBRE NA REAL ACADEMIA GALEGA texto Nuno Besteiro A década dos setenta foi para Manuel María unha década de pleno compromiso político e de construción dunha alternativa nacionalista no difícil contexto do tardofranquismo. Foi xustamente en 1975 cando o poeta chairego presenta a súa baixa da Real Academia Galega, institución da que era membro como académico correspondente. Para Manuel María, a Real Academia Galega perdera, na altura, o espírito e a misión que lle insuflaran os seus insignes fundadores, Curros Enríquez entre eles, e consideraba ademais que a casa da rúa Tabernas non estaba “á altura das circunstancias históricas que, nistes intres, vive Galicia i a súa Cultura”. Manuel María foi, en realidade, un precursor dos anceios de rexeneración que, moitos anos máis tarde, había impulsar no seo da institución Francisco Fernández del Riego, que abriu o plenario á sociedade e ás máis diversas expresións da cultura galega. Na carta de dimisión, que Manuel María lle dirixiu ao presidente da institución, Sebastián Martínez-Risco, o poeta chairego asegura que “como galego e como escritor comprometido coa triste realidade do meu povo e da miña Terra, me sinto avergoñado. I é que a Real Academia Gallega, na miña opinión, ademais de facer moi pouquiño por Galicia e pola súa cultura viva e verdadeira, é dicir, valedeira, mantén un anacrónico carácter elitista, antipopular e antidemocrático, incomprensible niste tempo que vivimos, o que fai que a ‘docta corporación’ esteña virada de costas á auténtica realidade do noso país e do noso tempo”. Mercedes Queixas, na súa biografía Labrego con algo de poeta, extracta esta misiva e aponlle uns versos pertencentes ao poemario de Manuel María Cantos rodados para alleados e colonizados, que ilustran ese desencontro do poeta coa institución: “Xace aquí unha Academia./ De nena atacouna a anemia/ i acometeulle a diglosia./ Sempre foi inmobilista/ e, ¡como non!, bilingüista./ Viviu en pura ortodoxia/ de costas pro seu país./ ¡Sufriu arteroesclerosia/ e morreu dun paralís...!”. Case trinta anos despois, o 15 de febreiro de 2003, a proposta de Franco Grande, Ramón Lorenzo e Méndez Ferrín, ingresaría Manuel María na RAG co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. Un verso libre na RAG. 14 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 O único Mariscal que tivemos os galegos foi Pedro Pardo de Cela. Para nós os seus feitos certos están narrados nos conmovedores versos de Ramón Cabanillas que quedaron para o ensino das idades como exemplo e memoria irrenunciable de nós na maxistral obra dramática O Mariscal na que tamén tivo que ver o fervoroso e lúcido patriota Antón Vilar Ponte. O noso Mariscal é o da lenda cantado afervoadamente polos poetas. Consideramos o outro Mariscal como un fidalgo, xenro do todopoderoso Conde de Lemos, como un fidalgo dos que entón andaban por Galiza. A Asociación Cultural O Mundo da Galea domicialiada nesa marabilla creada por Emilio Méndez e a súa dona Carmen Reimunde Hermida na finca chamada tamén A Galea –un edén na metade do paraíso–, nas terras de Castro de Ouro, concello de Alfoz, case á sombra do que foi castelo de Mariscal, non lonxe das ruinas da Frouseira na que foi traicionado e vendido Pedro Pardo de Cela, meu señor, patrocinou e editou un libro apaixoante, de autoría do mindoniense Antón Xosé Meilám, catedrático da Universidade de Oviedo. O volume, ben editado, leva unhas axeitadas e suxerentes ilustracións de Juan Puchades. O MARISCAL Trátase dunha obra amena, excelentemente documentada que abre novas perspectivas para o cabal coñecemento do tema, moi ben escrita nun galego coidado, o que é de agradecer. A nós sempre nos conmoveron os Plantos pola Frouseira –consérvanse varios–, o Cantar do Mariscal e o Romance de Pardo de Cela. Preferimos a verdade dos versos á dubidosa incerteza da prosa curialesca. Os historiadores adoitan distinguir entre vida real e vida mítica como se non foran a mesma. Nunhos versos da nosa autoría –e perdón pola autocita– témoslle adicado ó Mariscal estas palabras: Cando te puxeche da banda/ de Galiza declareime, para sempre, o/ teu vasalo, xureciche homenaxe e lealtade, loitei na tua mesnada de/ fantasmas. Nada valeu de nada, O teu/ firme “¡Credo!, ¡Credo!, ¡Credo!” esculpido co teu sangue/ sulevado no amoroso chao de/ Mondoñedo caeu nun frío inferno de silencio e medos e de/ valeiro. Cando viaxamos a Mondoñedo acompáñanos sempre a invisible presencia de Pardo de Cela. A ‘Paula’ chora a súa ausencia. A delicada tristeza da cidade ten fundamento nas lágrimas de Isabel de Castro na ponte do Pasatempo. Tiña que ser necesariamente un mindoniense como Antón Xosé Meilán que escribira este libro sobre o Mariscal. El sabe Hai sombras que sempre nos asombran/ e alboradas que non volven nunca máis. Este é o derradeiro artigo remitido por Manuel María para ser publicado n’O Correo das Culturas de EL CORREO GALLEGO, xornal no que colaborou habitualmente até o seu pasamento na Coruña. O Mariscal, un artigo no que Manuel María regresa á figura de Pardo de Cela, publicouse en EL CORREO e Galicia Hoxe o 10 de setembro de 2004. El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 15 16 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 T A Casa de Hortas, Casa-Museo de Manuel María, na vila de Outeiro de Rei Foto: Casa-Museo Manuel María a casa grande de hortas, o lar eterno do poeta texto Alba Lago odo o que vive múrchase ou devece/ vencido polo tempo traizoeiro./ Nós pasamos. A casa permanece”. Son versos extraídos de Sonetos á Casa de Hortas (Espiral Maior, 1997), cincuenta composicións nos que o poeta regresa ao tempo da nenez, aos soños da adolescencia, ás vellas lembranzas familiares e a un espazo íntimo insustituíbel. O poemario é, en por si, unha inmellorábel achega a un dos espazos vitais máis singulares da literatura galega contemporánea, a casa natal de Manuel María, convertida en Casa-Museo en 2013. “Está concibida como un espazo físico para acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións”, aseguran os responsábeis da casa de Outeiro de Rei. Achegarse á casa (www.casamuseomanuelmaria.gal) supón, alén de coñecer o inxente legado do poeta, adentrarse no rico legado patrimonial que esta vivenda supón, unha mostra da típica casa chairega. A Biblioteca, un dos puntos centrais da Casa-Museo, está integrada polos máis de 12.000 volumes que Manuel María foi atesourando durante toda a súa vida, destacando a temática galega e o xénero poético. Grazas ao traballo voluntario logrouse inventariar o fondo, que se acha en proceso de catalogación. Ese traballo inxente de catalogación tamén se estende aos fondos documentais alí depositados, gran parte da documentación producida e conservada polo poeta durante a súa vida, tanto no aspecto particular como na práctica dalgunha das funcións que exerceu, como o seu labor profesional ou naquelas actividades que levou a cabo dun xeito altruísta como axente cultural, editor, no seu compromiso político, social e principalmente o seu labor como escritor. Nese fondo figuran numerosos documentos manuscritos de persoas relevantes da cultura galega coas que Manuel María mantivo estreita relación: Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego... pero tamén un importante fondo artístico que inclúe obras de Castelao, Urbano Lugrís, Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Sucasas, Alfonso Abelenda, Manuel Torres, Blas Lourés, FelipeSenén, Raimundo Patiño, Xavier Pousa, Argüelles, Balboa, Díaz Pardo, Castro Gil... As veciñas e veciños de Outeiro de Rei e arredores dispoñen ademais na Casa-Museo de Manuel María dunha infraestrutura cultural no mesmo centro da vila, cun auditorio moi singular e cunha capacidade aproximada de 100 persoas onde se celebran actividades de carácter cultural. As visitas á casa, situada no centro de Outeiro de Rei, son sempre guiadas e nelas fornécese unha información básica axeitada ao público ao que van destinada. A Casa é visitábel polo público todos os sábados e domingos do ano e concertando cita previa, pódese visitar calquera outro día durante a semana. El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 17 18 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 ‘outra vez, outra vez o terror’, MM E luís PIMENTEL texto Manuel María O utra vez, outra vez o terror! As palabras que dan título a este artiguiño son, nada menos, que un verso de Luís Pimentel que, nos seus poemas de Cunetas, reflectiu maxistralmente o horror dos fusilamentos perpetrados pola rebelión franquista. Dende que o salvaxe capital imperialista norteamericano comezou, por boca do seu sinistro portavoz o presidente George W. Bush, coa agresion inxustificada, primeiramente verbal e diplomática e logo utilizando as armas bélicas máis potentes que existen, contra o pobo iraquí –Sadam é punto e aparte e só o pretexto–, o verso pimenteliano está petando insistentemente na nosa conciencia. Non hai dereito! Toda guerra é inxusta e inconcebíbel. Ningunha morte ten xustificación. Guerra e morte, morte e guerra son un todo arrepiante e inseparábel. Dános mágoa, medo, vergoña allea ter que asistir impotentes ao es- pectáculo macabro da destrución absurda de vidas humanas e dun patrimonio cultural milenario que obscenamente falan de reconstruír. Poderán tamén reconstruír a vida dos inocentes que mataron vilmente? Volvemos angustiados ao poema de Luís Pimentel que expresa maxistralmente o noso sentimento: Nestas frías paredes eu busco un cravo pra colgar a miña soedade Outra vez, outra vez o terror! Pimentel remata a súa conmovedora composición con un verso patético, laiando a perda do que para el é o máis esencial: ¡Dios mío, non volverei a ser poeta! Despois dunha guerra en que absolutamente todos, mesmo os que se consideran vencedores –de que?, nos preguntamos– xa non somos, non podemos ser os mesmos. A guerra destrúe sempre, aniquila, aínda que os ianquis se apropien, contra todo dereito e razón, de xeito ignominioso, de xacementos petrolíferos que non lles pertencen. Outro poema de Luís Pimentel, titulado Forasteiro, ten este comezo: Canto terror levamos os homes! Será o propio terror a causa que move aos que teñen poder para declarar guerras e perpetrar outras desgrazas? Coidarán que ordenando matar inocentes poden matar o terror do que eles son portadores? Eses mandamais están capacitados para gobernar e dirixir os pobos? Con que dereito dispoñen da vida dos seus semellantes? Como non son eles os que van loitar á primeira liña de fogo? O máis urxente e necesario de todo é crear unha cultura en que non haxa guerras nin poida habelas. Cómpre vencer e extirpar as guerras como se fixo con algunhas enfermidades hoxe felizmente desaparecidas. El Correo Gallego, Homes, feitos e palabras, 06/04/2003 Manuel María le un manifesto na protesta de Nunca Máis Foto: A.F. El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 especial 19 20 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 Nas Praterías o Día da Patria de 1960: González Alegre, Iglesia Alvariño, Saleta, Manuel María, Franco Grande, Méndez Ferrín, Carlos Somozas e Villar del Río Foto: Arquivo familiar ‘poemas a compostela’, o tributo a sANTIAGO de MM EL CORREO GALLEGO PUBLICOU NO ANO 1993, E REEDITOU EN 2004, OS VERSOS DO POETA Á CAPITAL texto Alba Lago S obre Santiago de Compostela gravita unha importante parte da produción poética galega, xa desde a época medieval. O impacto vital, o espazo de amizades e aprendizaxe que supuxo a capital galega para o escritor chairego, tamén achou no verso a súa expresión, e moi concretamente nun libro, Poemas a Compostela, editado por EL CORREO GALLEGO en 1993, con deseño de Xurxo Fernández. Aquela presada de poemas reeeditouse en 2004, logo da súa morte, coma volume inaugural da colección Poeta en Compostela –do Grupo Correo Gallego en colaboración co Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega–. No limiar desa publicación o propio poeta describe a peripecia dunha edición interrompida durante anos. “Estes poemas, agás dous –os titulados Santiago de Compostela e As gárgolas de San Martiño Pinario, pertencentes ós meus poemarios Versos do lume e do valagume e A luz resucitada– escribinos no ano 1952, cando estaba cumplindo o servicio militar e descobrindo, dun xeito apaixoado, a Compostela. O grande pintor Carlos Maside iba facer as ilustracións dos poemas. Cavilábamos en tirar unha edición numerada –non sabíamos onde nin cómo– e cada un dos exemplares levaría un dos debuxos orixinales de Maside. Incluso lle pedín a un persoeiro, de tristísima e noxenta evolución ideolóxica, que escribira un prologuiño, do que hoxe prescindo porque deshonraría a humildade –e principalmente a pureza– destes meus lonxanos de amados versos de mocedade. Máis tarde ofrencinlle, á desaparecida editorial compostelana Porto, a publicación deste pequeno poemario. Nen tan siquer me respostou. Polos anos sesenta a Editorial Galaxia deume palabra de dar a luz este libriño. E aínda hoxe es- tou agardando. Dende o ano 1952 ós nosos días pasaron moitos invernos e cantaron moitos cucos que non anunciaron nengunha primaveira. Posiblemente estes versos envelleceron demáis. Ese é o destiño de todo o que vive. Con todo, cando os releo, sinto latexar en min, con forza, os anos idos da propia mocedade e daquela Compostela, que era tamén a de Otero Pedraio, Carlos Maside, Fermín Bouza-Brei e dunha xuventude que hoxe xa deixou de se-la e que, naquel tempo, comenzaba a descubrir a Galicia con apaixoado fervor que, en moitos deles, á votla dos anos, convertiuse en abandono, frustación e, o que é peor, en oportunismo. Outros seguimos, cos nosos vellos soños ó lombo, na esperanzada agarda de que un día teñen que florecer. Por eso salen a luz estes meus vellos versos, tan fonda e intimamente vividos e escritos. Monforte, moitos anos despois. MANUEL MARÍA” Témolle a Compostela porque fire a miña dór de home crudelmente, a miña carne de arxila cantadora, a miña voz de chío apaixoado. Eu son home. Sinxelamente home. Non me lembro xa cando nacín. Na néboa de Compostela estou empadroado. Na lembranza da luz habito eu. … e témolle a esa choiva largacía que me cai na carne e na conciencia con vontade de laio non laiado… Compostela a metérseme nas veas para escurecer co seu reflexo chumbo o meu raio de luz tristurecido. Eu home. Home tan só en Compostela percurando un vieiro nas estrelas, ¡Un facho de luz con que alumarme, con que matar eternamente o medo! especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 ¿Onde, ónde, decidemo para sempre, os lindeiros do home e da cidade? Santiago de Compostela, metrópoli dos outeiros de neve e cantería, sínodo dos montes de silencio, salterio dos ríos de soidade, arquitectura da choiva e pedra-grá, fantasmal santuario da saudade no que comenzan e rematan tódolos camiños do universo, latexo da nosa vella tribu xa cinza e soedade inapreixable, inmensa bágoa manseliña, pranto inmortal na face verde e vella de Galicia. ¡Ouh Compostela, gran campana tanguendo a defunto eternamente! Compostela, alma dun povo que chora, sorrÍ e que te ama. Santiago de Compostela, noiva da morte, nas túas rúas de pedra, nos teus ceos de pedra, no teu ser de pedra e lume, no teu ollar de boi feito escultura, no teu deus lonxano, fondamente perdido aboiando no teu soño de séculos. Compostela da morte, da choiva e dos pregos sempre a buscar a Rosalía que cante as túas campanas, a túa alma e os teus anxos inquedos. Compostela, dime dos teus beizos: ¿por qué me fas sentir como unha morte a túa saudade..? 21 22 especial BIOGRAFÍAS, ANTOLOXÍAS E LIBROS INFANTÍS ARREDOR DE MANUEL MARÍA Varios títulos biográficos e de divulgación abordan a figura do poeta chairego El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 ‘LABREGO CON ALGO DE POETA’, DE MERCEDES QUEIXAS ‘ANTOLOXÍA’, DE DARÍO X. CABANA E AMELIA OUTEIRO ‘VIDA, VERSOS E REBELDÍA’, DE VEIGA E LASTRA n E E A COLECCIÓN Letras Galegas, a editorial Galaxia publica unha das principais achegas deste ano á biografía do poeta chairego. Manuel María. Labrego con algo de poeta, da profesora e ensaísta Mercedes Queixas Zas, afonda nas claves vitais e literarias do escritor, da man dun relato áxil e sintético, pero con importantes achegas sobre a personalidade do autor. STA ANTOLOXÍA recolle unha mostra ampla da extensísima obra poética de Manuel María e da variedade dos seus temas e formas. Resultado dun traballo de selección realizado por Amelia Outeiro Portela e Darío Xohán Cabana, o libro, editado por Galaxia, complétase cun limiar escrito polo propio poeta e académico Darío Xohán Cabana, que sintetiza a obra do escritor. STE LIBRO é un relato engaiolante da súa vida cotiá, acompañado sempre da súa dona, Saleta Goi, mais tamén é un fermoso percorrido polas súas actividades como procurador, libreiro, editor, xornalista... Son os seus autores Manuel Veiga e Xosé Lastras, con ilustracións de Nuria Díaz. Publícao Edicións Xerais, na colección Merlín, de Literatura Infantil e Xuvenil. especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016 ‘MANUEL MARÍA REENCONTRADO’ DE XOSÉ LOIS GARCÍA ‘DO A AO Z CON MANUEL MARÍA’, EN URCO EDITORA ‘A VOZ DO VENTO’, POESÍA E MÚSICA DA MAN D’A MESA ‘A BERENGUELA’, OPERETA DE NANI GARCÍA N E a m o libro MANUEL MARÍA Reencontrado configúranse dous apartados que determinan varios temas sobre o poeta. A primeira parte trata sobre a presenza de Manuel María na Ribeira Sacra. Na segunda parte deste libro, reedítanse varios títulos de achegas á obra deste “intelectual de imprescindíbel reencontro”. Edítao o selo Toxosoutos e o seu autor é Xosé Lois García. n Do A ao Z con Manuel María, Xosé Lois García viaxa polas letras do noso abecedario da man de vinte e tres poemas que gardan referencias sobre a vida e a obra dun dos poetas máis importantes dos últimos tempos. O autor acompaña a súa grandeza poética coas ilustracións de Jaime Asensi e con información sobre as alusións ao escritor da Terra Chá. Publícao Urco Editora. Mesa pola Normalización Lingüística publicou este ano un libro-CD en homenaxe a Manuel María. O volume componse de once poemas do escritor chairego, que xiran arredor dunha das sús principais preocupacións literarias e mesmo vitais: o idioma de Galicia. O libro contén os versos do poeta, musicados por Fran Amil e a tribo incomprensíbel e con ilustracións de Jano. 23 ANUEL MARÍA sempre entendeu o teatro como un vehículo para falarlles aos cativos e cativas do mundo. Á súa peza A Berenguela, Nani García sumoulle o seu talento musical en forma de opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes, Miguelanxo Prado o deseño de personaxes e ilustracións e María Inés Cuadrado a súa voz. Publica o librodisco a Editorial Galaxia. 24 especial El Correo Gallego. MARTES 17 de MAIO de 2016