Non é a primeira vez nin será a derradeira que alguén se pregunta polo significado da palabra que dá nome a esta serra: e logo, que significa Suído? Disque a voz é de orixe prerromana, como tantas outras que dan nome a espazos ou lugares da terra galega. Precisamente é esa orixe remota a que nos dificulta saber con certeza o que é que significa Suído. Se buscamos nos poucos documentos antigos nos que existen referencias deste vocábulo, ollamos que aparece por primeira vez usado antes que como topónimo, como apelido entre as xentes de Forcarei e de Fornelos de Montes nos séculos XIII e XIV. Quizais este uso non sexa casual pois as poboacións de Fornelos e Forcarei están relacionadas coa Serra do Suído, ora por se situar preto da serra, ora por ser destino o mosteiro cisterciense de Aciveiro en Forcarei, do antigo camiño da Brea que atravesaba estas montañas dende a comarca do Ribeiro. Xacobe Meléndrez Descartadas quedan determinadas interpretacións sobre este nome, como a que o relacionaba coa familia dos porcos e xabarís, os súidos (palabra de etimoloxía latina) ou a outra que a emparentaba coa voz da veciña lingua portuguesa soído que no galego pasa a ser son, cunha evolu- ción fonética diferente. Iso si, sabemos que o sufixo -ido significa abundancia, mais non podemos saber a que abundancia se refire Suído. É este o motivo que nos leva a denominar o Suído como "o lugar da abundancia" nesta pequena nota introdutoria. Hoxe tamén sabemos que a Serra do Suído posúe unha abundancia de elementos históricos e etnográficos xunto con outros naturais que fan que este sistema montañoso mereza estar entre os grandes espazos naturais galegos, como unha maneira de apostar pola preservación de tódolos seus sobranceiros valores culturais e ambientais. Para coñecer máis polo miúdo eses elementos que nos gardan estas montañas (compartidas na actualidade polos concellos da Lama, Covelo e Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra e polos concellos de Avión e Beariz na provincia de Ourense), convidámoste a ti lectora e a ti lector a nos acompañar ao longo destas páxinas. Despois disto, esperamos que tamén vós sexades partícipes desta tarefa de divulgación e conservación dos valores ambientais e históricos deste importante espazo de media montaña galego. Río Verdugo. 1 Alexandre Cendón Portela das Travesas. A paisaxe que coñecemos hoxe en día no Suído é resultado en parte, dos aproveitamentos agrícolas e gandeiros practicados durante séculos na serra. A interacción do ser humano coa súa contorna deu lugar a unha modificación do medio ambiente, facendo primar uns tipos de hábitats naturais en detrimento doutros. Desta maneira, por exemplo, as fragas orixinarias foron desaparecendo para dar máis cabida ás matogueiras e aos pasteiros, como consecuencia da preferencia destas formacións arbustivas e herbáceas á hora de manexar e criar o gando, así como tamén debido á utilización das árbores como unha materia prima de primeira orde, como leña e madeira. Non embargante, a pesar da transformación que supuxo este proceso na paisaxe, non podemos esquecer que se fixo dun xeito paulatino ao longo de moitos séculos e milenios. É por isto que o produto de tal proceso foi a obtención dun rico legado ecolóxico en conxunción con outro, tamén salientábel, de carácter cultural. 2 Mais antes de falar da presenza dos humanos na serra, temos que nos centrar nos procesos xeolóxicos que prepararon e modelaron o espazo para servir logo de base ou substrato físico de tódalas formas de vida que despois se asentaron nel. Nesa modelaxe tamén xogaron un papel importante amais das rochas, o clima e as estruturas xeolóxicas herdadas, pero vaiamos por partes. O Suído (cunha extensión dunhas 25.000 Ha) é unha serra que se sitúa dentro da cadea montañosa coñecida como Dorsal Galega, que dende Estaca de Bares até o Miño acada unha lonxitude de 250 km e posúe unha altitude media que oscila entre os 600 e os 1000 metros. Esta cadea divide o territorio galego de norte a sur e tamén serve de delimitación natural das provincias da Coruña e Pontevedra e de Lugo e Ourense. Ao norte comeza dende a Serra da Faladoira para pouco a pouco ir desprazándose ao sur, polas serras da Loba, da Cova da Serpe, do Careón, do Farelo e do Faro, onde vira cara o oeste polos montes do Candán, do Testeiro e do Cando para logo continuar de novo ao sur polas serras do Suído e do Faro de Avión. de sedimentos e materiais volcánicos depositados, previamente a ese intervalo de tempo, en xeosinclinais (concas sedimentarias en proceso de afundimento preto da costa). Por suposto este mecanismo tectónico afectou a todo o territorio que hoxe coñecemos como Galicia, facendo emerxer do océano en primeiro lugar ás montañas orientais e despois ás occidentais, na forma dunha cordilleira que se elevaba varios quilómetros sobre o nivel do mar. A oroxénese é o proceso ou período xeolóxico no que se formaron as montañas (oro- é un elemento grego de formación de palabras que significa montaña e xénese, significa orixe dunha cousa ou proceso que dá lugar a un feito). Deste modo podemos explicar a aparición das montañas galegas e estudar a súa posterior evolución. Con posterioridade a este ciclo oroxénico, durante a Era Secundaria apenas sucederon episodios tectónicos significativos até a chegada da Era Terciaria, cando a erosión arrasou o terreo formando a Superficie Fundamental (grandes chairas), da que actualmente queda como vestixio precisamente a Dorsal Galega, elevada e rexuvenecida logo da Oroxénese Alpina (rematada hai case 2 millóns de anos, ao final do Terciario) e novamente erosionada nos albores do Cuaternario (era xeolóxica actual) por mor da aridez do seu clima, o que provocou a falla de cuberta vexetal que protexera o solo e facilitou esa erosión. No caso concreto da Dorsal Galega (cadea onde está incluído o Suído, como dicimos), o seu xurdimento achámolo na Oroxénese Herciniana, un proceso que tivo a súa aparición no período xeolóxico coñecido como Carbonífero (dentro da Era Primaria), abranguendo unha duración duns 20 millóns de anos até o Pérmico (idade xeolóxica posterior). A Oroxénese Herciniana tivo o seu final hai uns 250 millóns de anos. Alexandre Cendón Alexandre Cendón A grandes trazos podemos explicar o que sucedeu como o pregamento, fracturación e transformación mineralóxica dunha cantidade inxente Chan de Bidueiros. Fervenza na Abelenda. 3 atmosfera, suxeito á actividade da auga, o vento e a temperatura. Así entra en xogo a meteorización, que é a alteración que sofren os minerais da rocha nesa nova condición ambiental. A Serra do Suído (a raíz da transformación mineralóxica da que falamos antes) está formada por rochas de orixe metamórfica. Aínda que nela predomina o granito herciniano, a súa superficie tamén comprende unha zona de transición (no límite este) onde existen rochas metamórficas estratificadas, chamadas xistos (cunha estrutura en follas). O granito do Suído ten unha gran variabilidade de gran e está composto por diferentes minerais como seixo (que pode aparecer en filóns), microclina, plaxioclasa (familia de feldespatos de sodio e calcio) mica (en concreto a moscovita e a biotita) e en menor medida, apatita, aplito, circón, pegmatita (con granates e turmalinas) e algúns minerais opacos. Por outra banda, a meteorización tamén dá lugar a outro medio de especial importancia para a conformación da vida na Terra, por ser un vínculo fundamental entre o mundo inanimado e os seres vivos: o solo, un ben limitado no que pouco reparamos. O solo do Suído por regra xeral (como sucede en case toda Galicia) é moi ácido e está composto polos seguintes tipos, en función dos granitos e xistos nos que se asentan: leptosoles e regosoles alumi-úmbricos (relacionados coa erosión producida polos incendios e o excesivo pastoreo), Alexandre Cendón Os afloramentos graníticos que podemos ollar hoxe na serra son o resultado da desaparición de tódolos sedimentos que os recubrían (o granito é unha rocha magmática que nace no interior do manto terrestre, na codia), como efecto dos procesos xeolóxicos que vimos explicando. Unha vez fóra as rochas enfróntanse a un novo medio, a A meteorización é visíbel nas rochas, deste modo se crean as súas curiosas e ás veces sorprendentes formas. Por esta alteración, o granito orixina bloques con moitas caras, curvas e arestas, como os penedos (tamén crea as características pías nas súas partes horizontais) mentres que as rochas metamórficas (os xistos) se erosionan máis, polo que os seus compoñentes máis duros (gneis e cuarcitas) quedan en forma de cristais nas elevacións do terreo. 4 Rañacú A Serra do Suído ten unha toponimia que a fai senlleira na medida en que designa ou fai referencia ao de si, á súa propia esencia, á súa forma de ser e a liga co pensamento e o "entender o mundo" -a cultura- das persoas e os pobos que a habitaron e a fixeron tal como a coñecemos hoxe. O Canastro do Xuíz, os Cotos Cornudos, o Coto dos Ladróns, a Chan de Valdohome, a Chan do Libro, a Chan das Mesas, o Outeiro Vello, Campo Largo..., e un longo sen fin que se multiplica cada vez que se repara nunha peculiaridade ou diferen- cambisoles alumi-húmicos e, en menor medida, histosoles (solos encharcados). A profundidade dos solos do Suído varía entre os situados nas zonas altas, cotos e lombas (de escasa profundidade, esqueléticos), sobre soportes líticos e os profundos das chans, cargados de sedimentos. Cando no limiar deste apartado referímonos á modelaxe da paisaxe, dixemos que nela interviñan as estruturas xeolóxicas herdadas, as rochas e o clima. Dentro da Dorsal Galega coas súas reviravoltas de norte a sur, o Suído aparece como un conxunto de montañas vellas, redondeadas e za do terreo. Ao carón do camiño que sube para Os Foxos na parroquia de Campo, en Covelo, preto da pontella de Paradedra está Rañacú: unha pedra enorme pola que gabeaban, brincaban e escorregaban con pequenas laxas ao xeito de zorras, as nenas e nenos encargados das roldas de verán na serra, cando ían co gando a pacer nas campas frescas da montaña. Lina, a miña veciña, contábame que moitas veces no xogo, acababan por romper os pantalóns, as bragas, os calzóns..., e entón a pedra -de Rañacú- rañaba a súa pel nova, ao quedar atrás a laxa na que montaban. Alexandre Cendón Os topónimos deixan entrever en moitos casos a estreita vinculación que existe entre os lugares e os seus habitantes, sobre todo en Galicia onde cada recuncho de terreo ten o seu propio nome. O vencello das persoas cos sitios queda así translucido, perpetuado para sempre e transmitido de xeración en xeración, recollido nunha ou nunhas poucas palabras. Hai lugares que se nos presentan como estraños e incomprensíbeis polo seu nome, borrado de significado polo paso do tempo, debido á derivación ou á súa pertenza a linguas xa mortas ou extintas. Mais noutras ocasións, o seu significado aparécesenos claro. Noutras, necesitamos do testemuño dos habituais desas paraxes para entender o porqué deste ou daquel nome de lugar. Río dos Foxos. sinuosas que se alternan con chans ou chairas, sempre na parte alta da serra. Esas chans e elevacións pouco prominentes son os efectos visíbeis da forte erosión á que estivo sometida, o que permite facérmonos unha idea da lonxevidade do sitio en comparación con outras cordilleiras máis novas da Terra (como os Alpes ou o Himalaia). As planicies ou chans (a toponimia infórmanos do seu número e importancia espacial: Chan dos Mouros, Chan do Libro, Chan de Bidueiros, Chan de Valdohome…, ou Campo Largo, Campo de Ramil, Campo de Carixa…) son sucadas por múltiples ríos que se precipitan a través de canóns e cavorcos, aproveitando as fracturas xurdidas na última etapa herciniana (facéndose máis anchas e actuando como escorredoiros durante o Mioceno e o Plioceno, a finais da Era 5 Alexandre Cendón Afloramento granítico arrodeado de pereiras bravas. Terciaria, como consecuencia da Oroxénese Alpina). Así na súa vertente occidental nacen os ríos Verdugo, Oitavén e Tea, mentres que na vertente oriental nace o Río Avia, baixando todos eles abruptamente cara os vales a causa da dureza do seu soporte lítico, o granito, o que explica a existencia de numerosas fervenzas (como a Freixa de Liñares, a Fervenza de Casariños, a Freixa de Fírveda, a Fervenza de Verducido, a Fervenza de Rodeiro, a Fervenza da Abelenda…). Os cotos ou cumes da serra con dificultade superan os 1000 m de altitude. Deste xeito a súa altura máxima posúea a Sesta Cerrada con 1059 metros sobre o nivel do mar, que xunto co Coto Miñoto de 1048 m, os Cotos Cornudos de 1039 m, o Coto da Puza de 1027 m, o Coto dos Xarotos de 1020 m e o Portiño Escuro de 1010 m, entre outros poucos, forman os cumes máis elevados. Porén por debaixo deles, chegamos até a altura máis común que rolda os 900 m nas súas cordais ou lombas e noutros cotos salientábeis, como o de Bidueiros con 944 m, e despois até os 800 m de media das chans. Xa mencionamos antes a acción do clima sobre a morfoloxía da orografía nos principios da 6 era xeolóxica na que estamos inmersos, o Cuaternario, ou cando nos referimos á meteorización. En cambio non dixemos ren sobre o aspecto climático máis relevante acaecido recentemente: a última glaciación, Würm, que rematou hai só 10000 anos e desenvolveuse ao longo dun enorme intervalo de tempo duns 106000 anos. Namentres outras zonas de Galicia soportaron durante ese período a presenza permanente de xeos (glaciares), producindo pegadas características no terreo como os vales en forma de "u", a Serra do Suído non contou con tal presenza. Isto debeuse en parte á súa superficie chan que non permite esvarar o xeo e á súa escasa altitude (con todo, disque na veciña Serra do Faro de Avión asentouse un pequeno glaciar). Non obstante si podemos falar da acción periglacial provocada polo frío na morfoloxía do terreo, que se pode apreciar a partir dos 700 m de altitude. Os efectos periglaciais son debidos á alternancia continua de períodos de xeada, seguidos doutros de desxeo, dun xeito prolongado no tempo e sucedendo varias veces ao ano dentro dunha mesma xornada. Estes efectos do frío, derivados da conxunción de xeo e desxeo, provocaron corrementos de terra, a aparición de turbeiras (das Alexandre Cendón Chan de Valdohome. Alexandre Cendón que falaremos máis adiante) e a degradación de rochas. Precisamente a degradación de rochas graníticas por "cuña de xeo", é un dos efectos máis doados de ollar; consiste basicamente na introdución de auga nas súas fendas, que ao se conxelar e aumentar de volume pola dilatación, provoca a rotura da rocha en cachos menores. Isto explica a existencia de fragmentos de rocha que se acumulan nas abas e ladeiras das montañas, así como a aparición de bloques fragmentados illados de grandes dimensións nas partes baixas, transportados até alí ao escorregar. Na actualidade o clima do Suído mudou a temperado, considerado como oceánico de montaña, onde a neve ten unha aparición limitada a uns poucos días na etapa invernal. A súa proximidade ao océano e á Ría de Vigo ten como consecuencia que na zona se rexistre unha alta pluviosidade, motivada pola entrada das frontes húmidas provenientes do Atlántico, que topan nestas montañas un obstáculo. Este feito convérteo no lugar máis chuvioso de Galicia (na estación meteorolóxica de Fornelos de Montes, as precipitacións chegan aos 2862 mm de media), o que axuda sen dúbida a que os prados se manteñan verdes ao longo de todo o ano e a que as turbeiras teñan o aporte de auga suficiente para o seu equilibrio hídrico. Alexandre Cendón Gando na Chan do Libro. Coto de Bidueiros. 7 A Serra do Suído posúe uns hábitats naturais característicos da media montaña galega. A súa natureza granítica fai que existan numerosas comunidades vexetais relacionadas coas rochas, os penedos, as ladeiras líticas, os solos pouco profundos…, como as que forman as numerosas especies de liques e de brión. Como xa dixemos, a presenza humana dende moi antigo modificou a súa faciana, primando as áreas de monte baixo e os pasteiros (para dar alimento ao gando que alí se cría) sobre as áreas boscosas que quedaron relegadas ás zonas baixas, aos cursos fluviais e aos vales. Nesa modificación os habitantes da serra utilizaron unha ferramenta que aínda hoxe resulta implacábel no seu labor de deforestación e clareo: o lume, utilizado século tras século. Xacobe Meléndrez Que é un hábitat? Ponte dos Cabaleiros, Río Tea (Covelo). Un hábitat é o lugar no que vive un animal, fungo, planta, protista ou bacteria, como se fose o seu enderezo, reunindo as condicións para que alí poida desenvolver a súa vida (é dicir, ten que posuír as características apropiadas para a súa supervivencia). Hai moitos tipos de hábitats, igual que hai moitos tipos de organismos e segundo o tipo de hábitat, vivirán nel determinados tipos de seres vivos (compartíndoo, como o fai a papuxa montesa que vive no hábitat de matogueira, 8 cos toxos e as queirugas; ou a vacaloura que vive nas fragas, á vez que os carballos, o gaio, o esquío e o piquelo azul). O hábitat a miúdo está caracterizado por unha peculiaridade física dominante e está ben delimitado xeograficamente. Para protexer as diferentes especies de seres vivos hai que protexer en primeiro lugar pois, os seus hábitats, sen os que non poderían subsistir, por estar estreitamente vencellados con eles, cos que coevolucionaron. Pese a todo e despois da acción destrutora do lume, a serra garda moitos hábitats de alto interese ecolóxico. As formacións herbosas, os prados e pasteiros con Nardus stricta, foron conservadas e fomentadas (aínda hoxe pacen nelas as greas e rabaños de cabalos e vacas). Mais sen dúbida, de entre os hábitats, os máis estendidos son as matogueiras, as poulas (formación vexetal dominada por arbustos, plantas leñosas polo xeral ramificadas dende a súa base, que non superan os 5 m de altura). Así os toxais ocupan grandes espazos que se tinxen de amarelo cando sucede a súa floración e agroman as churumas. Entre os toxos tamén conviven outras especies como as ericáceas (uces e queirugas) que dependendo da profundidade, composición e humidade do solo, conforman diferentes tipos de matogueira, embelecendo a paisaxe coas súas cores violáceas. As uces como a Erica arborea ocupan as zonas con solos ricos e profundos, nos fondos de valgada, cerca dos regatos, mentres que as queirugas como a Calluna vulgaris e a Erica umbellata ocupan lugares con solos esqueléticos, converténdose deste xeito na vexetación clímax (que non pode evolucionar máis). Outras como a Erica cilliaris e a Erica tetralix aséntanse en zonas húmidas, arrodeando as turbeiras e mesmo sobre elas, facendo parte do que se coñece como vexetación de orla. A Daboecia cantabrica ás veces está acompañada de matas de arandeira (Vaccinium myrtillus) preto das rochas e afloramentos graníti- cos, en solos non esqueléticos. Tamén asociados a penedos e afloramentos líticos aparecen repartidos por toda a serra pequenos bosquetes de piornos, en lugares protexidos. As turbeiras son zonas húmidas onde, por mor das súas condicións físicas, se desenvolve unha vexetación moi específica, composta por plantas higrófilas (propias de ambientes húmidos). Son chamadas así porque nelas se forma a turba (materia orgánica en descomposición, das propias plantas mortas, que non chega a se mineralizar, pois as súas condicións hidromórficas constantes impídeno pola falla de osixenación). As turbeiras do Suído ocupan fondos de val e solos de granito impermeábeis que favorecen a acumulación de auga e unha deficiente drenaxe. Son de orixe minerotrófica, é dicir, a auga que as alimenta provén na súa maioría da escorrenta superficial e de augas subterráneas. Na zona son coñecidas como porcas preñadas ou porcas pandeiras, quizais polo aspecto convexo dalgunhas formacións vexetais na súa superficie (como pequenos domos), que tremen, liberan burbullas ou se desprazan levemente sobre a auga ao seren pisadas. Hábitats de interese comunitario, Directiva 92/43 CEE *Prioritarios (con perigo de desaparición). Á dereita, turbeira na Chan de Valdohome. Arriba, aguia albela (Circaetus gallicus). Foto de Óscar M. Roza. Alexandre Cendón Os bosques aluviais de amieiros e freixos (91E0)*, as carballeiras galaico-portuguesas de carballos e cerquiños (9230 ), os rochedos silíceos do sedo-sclerathion ou do sedo albi-veronicion dillenii (8230), vexetación casmofítica de pendentes rochosas subtipos silicícolas- (8220), formacións herbosas con Nardus stricta, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas ( 6 2 3 0 ) *, estanques temporais mediterráneos (3170)*, uzais secos europeos (4030), uzais oromediterráneos con toxos (4090), turbeiras altas activas (7110)* e uzais húmidos atlánticos meridionais de Erica cilliaris e Erica tetralix (4020)*. Nelas viven plantas adaptadas a ambientes encharcados e con poucos aportes minerais, como as dróseras ou orballiñas (pequenas plantas insectívoras que obteñen alimento de pequenos insectos que quedan atrapados nas secrecións pegañentas das puntas das súas follas). A planta máis común é o esfagno, un pequeno brión que cubre toda a superficie da turbeira como un manto, cumprindo a función de ser o principal formador da turba (a medida que morre e entra en descomposición, creando sucesivas capas de turba que poden acadar até 4 m de grosor). 1 Moitas turbeiras actúan como reguladoras hidrolóxicas de moitos ríos que nacen na montaña, xa que se comportan como esponxas capaces de absorber grandes cantidades de auga que logo liberan aos poucos. A condición do Suído de fronteira entre dúas rexións bioxeográficas, a eurosiberiana e a mediterránea (condición propia tamén de Galicia), fai que nel convivan (ás veces mesturadas, formando mosaicos), comunidades de organismos ou seres vivos propios desas dúas grandes rexións europeas, aumentando así a súa multiplicidade vital ou biodiversidade (favorecida aínda máis polos distintos pisos bioclimáticos que ten e pola exposición dos seus montes á solaina e á sombría). 2 Isto se cadra, pódese ollar con facilidade nas zonas boscosas da serra, que aínda que fragmentadas e relegadas ás partes baixas en moitos casos, son relativamente abondosas e están presentes en toda a súa 3 Anfibios e réptiles Limpafontes (Triturus boscai), píntega (Salamandra salamandra), saramaganta (Chioglossa lusitanica), sapo común (Bufo bufo), sapiño pinto (Discoglossus galganoi), estroza (Hyla arborea) ra patilonga (Rana iberica), ra vermella (Rana temporaria), ra verde (Rana perezi). Lagarto arnal (Lacerta lepida), lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), lagartixa galega (Podarcis bocagei), cobra de auga (Natrix maura), víbora de seoane (Vipera seoanei). Tino Quintela 1. Porca preñada. 2. Dróseras (Drosera rotundifolia) en primeiro plano sobre esfagnos. 3. Detalle de turba. 4. Violas (Viola palustris) e esfagnos (Sphagnum spp.). Alexandre Cendón 4 Víbora de Seoane (Vipera seoanei) e Estroza (Hyla arborea). Fotos de Alexandre Cendón. 10 Árbores Alexandre Cendón Carballos (Quercus robur), cerquiños (Quercus pyrenaica), bidueiros (Betula alba), amieiros (Alnus glutinosa), freixos (Fraxinus excelsior), salgueiros (Salix spp.), corticeiras (Quercus suber). Fraga nas Estacas (Fornelos de Montes). contorna. Así na Serra do Suído queda unha mancha do que foi o seu bosque primitivo (que de seguro ocupaba unha maior extensión entre as valgadas e solos máis profundos). No concello da Lama, na súa cara norte, en Pigarzos e Xesta, temos unha fraga que constitúe un bo exemplo de bosque de carballos húmido e frío, que case acada os 1000 m de altitude (preto xa do límite de altitude arbóreo que marcan os bidueiros, piso supratemperado), cunha vexetación arbustiva composta por arandeiras e acivros. Fronte a este tipo de fraga, na súa cara sur e ao longo das fragas do Tea (entre A Graña e Campo, en Covelo), a vexetación dominante componse de carballos e cerquiños, cun estrato arbustivo de rascacús, acivros e loureiros (piso mesotemperado), que se mestura nos cursos fluviais co bosque típico de ribeira de freixos e amieiros. A existencia de cerquiños ao carón dos carballos, proba a crecente influenza mediterránea do lugar (en contraste coa fraga da cara norte). Do mesmo xeito, na cara oriental as fragas mestúranse con exemplares de corticeiras, tamén sinais da maior influenza mediterránea, aproveitadas para a tradicional explotación apícola. Arbustos Acivros (Ilex aquifolium), rascacús (Ruscus aculeatus), pereiras bravas (Pyrus spp.), arandeiras (Vaccinium myrtillus), loureiros (Laurus nobilis), sanguiños (Frangula alnus), abeleiras (Corilus avellana), hedras (Hedera helix), silvas (Rubus spp.), bigordas (Lonicera peryclimenum). Alexandre Cendón Gato bravo (Felis sylvestris). A pereira brava (Pyrus spp.), dáse esparexida por toda a serra. 11 1 2 4 5 6 7 8 9 12 3 10 11 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. Narciso, Narcissus triandrus. Paxariños, Aquilegia vulgaris. Xunca de algodón, Eriophorum angustifolium. Gentiana pneumonanthe. Anemone trifolia. Amarelle, Narcissus cyclamineus. Dente de can, Erythronium dens-canis. Abrótega, Asphodelus albus. Xacinto bravo, Hyacinthoides non-scripta. 10. Violeta, Viola riviniana. 11. Amarelles, Narcissus bulbocodium. 12. Quitamerendas, Merendera pyrenaica. 13. Queiruga, Calluna vulgaris. 14. Queiruga e toxo, Erica cinerea e Ulex europaeus. 15. Narcisos, Narcissus pseudonarcissus. Fotografías: Alexandre Cendón 12 13 14 15 13 Óscar M. Roza A fauna que desenvolve a súa vida nos diversos hábitats destas montañas é moi variada. Sen dúbida que a máis numerosa e visíbel é a composta polo grupo das aves, con especies non tan comúns e escasas (como a aguia albela e o bicotorto común ou como a aguia real que esporadicamente voa os ceos da serra). Moitas destas aves viven no hábitat de matogueira dominante no Suído (como a papuxa montesa, o chasco, a laverca común, a azulenta, o picanzo vermello ou a tartaraña cincenta) namentres outras ocupan o seu lugar nos espazos forestais (como o azor, o gaio, o gabeador común, o piquelo azul, o ferreiriño subeliño…). Outros animais como a raposa e o porco bravo tamén abundan, con mustélidos e outros pequenos carnívoros como a algaria e o gato bravo. Pero se hai un animal carnívoro que sobresaia polo seu significado sobre todos os demais, ese é o lobo (ou o Pardellas como prefiren dicir na Graña para así evitar atraelo ao nomealo). O lobo leva convivindo cos habitantes destes montes moitos séculos. E non é unha convivencia doada e sinxela. Se nun principio os humanos e o lobo tiñan que competir polos mesmos recursos alimentarios (representados polos herbívoros silvestres que pacían pola Dorsal Galega hai miles de anos), a cousa foi a peor cando os habitantes da serra decidiron dar o salto á cría e manexo do Na terra do Pardellas Hai anos xa, un outubro, o Pancada, o Luís e mais eu, decidimos pasar uns días no Suído. Unha mañanciña subimos por Piñeiro até as altas chans e os cotos da serra. Deixamos atrás a caseta do vello viveiro por riba da poza encorada que serve de regadío para os anellos do val, na que antano os albareiros abrían a súa boqueira ao romper o día. Miramos grandes toxais, uzais, xesteiras, campas con escambróns esparexidos, esfagnos e dróseras sobre as porcas preñadas, limpafontes e ras vermellas, miñatos e lagarteiros..., á vez que camiñabamos entre greas de cabalos e rabaños de vacas, bestas libres endurecidas polo rigor do clima da montaña. Contra a noite acampamos nun prado, na Chan dos Acivros xunto ao buraco que foi o antigo chozo de Fofe, preto do chozo da ría de Piñeiro dende onde se pode albiscar tamén o chozo de Chambeiro. Asamos castañas e quentámonos cunha infusión de herba luísa e mel das abellas do Pancada, mentres falabamos na escuridade negra tendo como teito o ceo estrelado, no que sobresaían os luceiros que forman a constelación de Orión. 14 Cando nos deitamos, logo duns poucos minutos, do silencio da inmensidade da serra saíron tres ouveos, seguidos, curtos, limpos e achegados a onde nós estabamos. Eu preguntei, a sabendas da resposta, se foran os lobos e o Pancada coa súa rotundidade cortante contestou "si é o lobo", como quen acaba de escoitar ladrar un can na proximidade da súa casa nunha aldea. Sentín un arrepío e un intenso pracer por estar naquel lugar e nese intre que se me parecía máxico e misterioso, tan afastado do decorrer no seo do mundo cotián. Ninguén dixo unha palabra máis, pechamos os ollos e esperei outro sinal, un gruñido, unha carreira, unha respiración salvaxe, a visita do noso anfitrión do Suído, mais o silencio arrolounos e axiña quedamos durmidos. Pasou a noite e pasaron os días naquela terra, até que partimos e deixamos atrás o sabor da liberdade na Natureza, lonxe dos homes, co agrado dunha boa experiencia e acompañados da certeza de ter estado no territorio do Pardellas. Mamíferos gando (o pastoreo, como aínda se practica na actualidade cos cabalos e as vacas). Xacobe Meléndrez Xacobe Meléndrez A presenza do lobo no Suído xera tensións tódolos anos cando chega a época de cría dos lobetos, durante a primavera e o verán, intre no que os membros da manda de lobos poñen todo o seu esmero en sacar adiante a familia. Daquela, os exemplares adultos compórtanse tal e como veñen facendo dende sempre, atacan e depredan aos herbívoros presentes na serra. As vítimas máis comúns da cacería son os poldros, que pouco poden facer se están afastados da grea ou acompañados só pola súa nai. O resultado pode ser máis problemático se atacan a xatos, provocando unha perda dunha maior contía económica para os gandeiros. Os lobos tamén depredan sobre outros animais bravos, como o corzo e o porco bravo, polo que o espallamento destes últimos pola serra pode axudar a solucionar o conflito existente entre o lobo e os gandeiros. Xacobe Meléndrez Teixugo ou porco teixo (Meles meles). Raposa (Vulpes vulpes), leirón careto (Elyomis quercinus), esquío (Sciurus vulgaris), londra (Lutra lutra), algaria (Genetta genetta), porco bravo (Sus scrofa), gato bravo (Felis sylvestris), furafollas pequeno (Sorex minutus), furapresas ibérico (Galemys pyrenaicus), rata de auga común (Arvicola sapidus), corta dos prados (Microtus lusitanicus), toupa cega (Talpa occidentalis), lebre (Lepus capensis), coello (Oryctolagus cuniculus), ourizo cacho (Erinaceus europaeus), donicela (Mustela nivalis), teixugo (Meles meles), garduña (Maites foina), lobo (Canis lupus), corzo (Capreolus capreolus), morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum), morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), morcego de orellas fendidas (Myotis emarginata), morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), morcego de Natterer (Myotis natterei), morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii), morcego rateiro grande (Myotis myotis), morcego común (Pipistrellus pipistrellus), morcego das hortas (Eptesicus serotinus), morcego orelludo común (Plecotus auritus), morcego das fragas (Barbastella barbastellus). O lobo (Canis lupus) é un animal social. Londra (Lutra lutra) e morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum). 15 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 16 15 14 13 16 1. Bicotorto común, Loxia curvirostra 2. Bubela común, Upupa epops 3. Corvo carnazal, Corvus corax 4. Cotovía pequena, Lullula arborea 5. Falcón pequeno, Falco subbuteo 6. Merlo rubio, Monticola saxatilis 7. Miñato queimado, Milvus migrans 8. Pica papuda, Anthus campestris 9. Picanzo vermello, Lanius collurio 10. Píllara rubia, Charandrius morinellus 11. Tartaraña cincenta, Circus pygargus 12. Lavandeira verdeal, Motacilla flava flavissima 13. Pedreiro cincento, Oenanthe oenanthe 14. Pica dos prados, Anthus pratensis 15. Papuxa montesa, Sylvia undata 16. Merlo rieiro, Cinclus cinclus 17. Falcón peregrino, Falco peregrinus 18. Aguia albela, Circaetus gallicus 19. Laverca común, Alauda arvensis 20. Tordo común, Turdus philomelos 17 Fotografías por Óscar M. Roza, excepto fotografía 17 por Xacobe Meléndrez. 18 19 20 17 Aves Xacobe Meléndrez Aguia albela (Circaetus gallicus), miñato abelleiro (Pernis apivorus), miñato común (Buteo buteo), miñato queimado (Milvus migrans), tartaraña cincenta (Circus pygargus), gatafornela (Circus cyaneus), aguia caudal (Hieraaetus pennatus), azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus), falcón peregrino (Falco peregrinus), falcón pequeno (Falco subbuteo), aguia real (Aquila chrysaetus), curuxa (Tito alba), bufo real (Bubo bubo), moucho común (Athene noctua), moucho das orellas (Otus scops), avelaiona (Strix aluco), bufo pequeno (Asio otus), curuxa das xunqueiras (Asio O Bufo real (Bubo bubo) cría na serra. flammeaus), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax), corvo carnazal (Corvus corax), merlo rubio (Monticola saxatilis), picanzo vermello (Lanius collurio), papuxa montesa (Sylvia undata), bicotorto común (Loxia curvirostra), laverca común (Alauda arvensis), chasco común (Saxicola torquata), escribenta riscada (Emberiza cia), ferreiro abelleiro (Parus major), ferreiro bacachís (Parus caeruleus), ferreiriño común (Parus ater), ferreiriño subeliño (Aegithalus caudatus), piquelo azul (Sitta europaea), gabeador común (Certhia brachydactyla), estreliña riscada (Regulus ignicapillus), peto real (Dendrocopus major), gaio (Garrulus glandarius), paporrubio real (Phyrrula phyrrula), pisco (Erithacus rubecula), paspallás (Coturnix coturnix), merlo común (Turdus merula), tordo común (Turdus philomelos), cuco (Cuculus canorus) merlo rieiro (Cinclus cinclus), cotovía pequena (Lullula arborea), bubela común (Upupa epops), lavandeira verdeal (Motacilla flava), pica dos prados (Anthus pratensis) pica papuda (Anthus campestris) píllara rubia (Charandrius morinellus) verderolo común (Carduelis chloris). 18 Raposa (Vulpes vulpes). A intervención do ser humano no seu medio natural quedou reflectida na paisaxe e na conformación do medio ambiente da serra, como comentamos páxinas atrás. Agora imos deternos naqueles elementos que forman parte do que chamamos "patrimonio histórico e cultural", un patrimonio que garda unha íntima relación coa súa contorna e tamén forma parte da paisaxe, como veremos. Na serra a presenza dos humanos vén de lonxe, os restos de vellas culturas así o testemuñan. Podemos contar con vestixios do Paleolítico Superior ("pedra antiga", período histórico que rematou aproximadamente hai 10000 anos) como os abrigos dos afloramentos graníticos da Chan de Valdohome e do Coto Miñoto. As persoas daquela época utilizaban os espazos que quedaban entre os penedos (cavidades ou pequenas covas), para buscar acubillo, ben para se refuxiar durante períodos de tempo, ben para os utilizar como agochos nas súas cacerías (o feito de estar achegados a zonas con abundante auga, como as turbeiras, lugar onde os animais acoden a beber, pode ser un indicio do que dicimos, como sucede no abrigo da Chan de Valdohome, onde se toparon puntas de frecha). Os habitantes do Suído por entón, agrupábanse en pequenas sociedades de cazadores e colleiteiros nómades, que de seguro seguían as mandas e rabaños de animais herbívoros que se desprazaban por toda a Dorsal Galega na busca de pastos. Ese seguimento do que falamos pode estar relacionado co limiar da actividade gandeira que non tivo o seu total desenvolvemento até a etapa histórica posterior, xunto coa agricultura no Neolítico ("pedra nova", cando os pobos pasaron a ser sedentarios). Así pode ser que existira un manexo das mandas de herbívoros semellante ao que na actualidade continúan a facer os pobos samis da Laponia cos rabaños de renos, ou semellante ao que na actualidade se fai no Suído coas greas semi-domésticas de cabalos montaraces (que soamente son recollidos para realizar os curros, para eliminar os machos novos ou para sacrificar os poldros destinados ao consumo de carne, vivindo o resto do ano en liberdade). Ademais das mámoas, da época prehistórica tamén quedan outras trazas na serra, como os petroglifos ou inscricións feitas nas pedras, como os que aparecen no Porto da Arca, na Serra da Sesteira, ou xa máis abaixo, os gravados rupestres de Verducido (A Lama). Tamén podemos salientar a existencia de numerosos castros que se ben non se sitúan nos altos da serra, si aparecen esparexidos circundándoa, como o castro de San Vicente en Avión, do Insectos Vacaloura (Lucanus cervus), escornabois (Corimbia fontenayi), cabaliños do demo (Calopterix virgo e Boyeria irene), bolboretas (Pandoriana pandora, Argynnis paphia e Fabriciana adippe), Carabus galicianus, Cerambyx cerdo. Xacobe Meléndrez As mámoas (túmulos de pedras e terra que poden conter no seu interior cámaras mortuorias compostas por antas e laxas, construídos para facer enterramentos colectivos) tamén son comúns por toda a serra, incluso hai topónimos que fan referencia directa á súa presenza como o Porto da Arca e a Chan das Mesas. Estes vestixios da época megalítica (III-IV milenio a. C.) eran construídos por regra xeral en sitios vistosos e significativos como portelas, camiños, lombas…, (Portela dos Xarotos, os Foxos, Catro Camiños) e podían servir amais como delimitadores ou sinais de territorios (posteriormente si que se usaron con esa fin, como queda amosado co feito de que moitos montes veciñais en man común teñan marcados os seus lindeiros nos lugares onde están as mámoas, trazando liñas imaxinarias entre elas, polas cordais). Alexandre Cendón A Vacaloura (Lucanus cervus) é un insecto que habita nas fragas. Peixes Troita (Salmo trutta fario), bermexola (Rutilus arcasii), escalo (Chondrostoma polylepis). Abeiro na Chan de Valdohome. 19 Herbas e brión Alexandre Cendón Cáncaros (Primula vulgaris), abrótegas (Asphodelus albus), amorilloteiras (Fragaria vesca), narcisos (Narcissus cyclamineus, Narcissus bulbocodium, Narcissus pseudonarcissus e Narcissus triandrus), xacintos bravos (Hyacinthoides non-scripta), dentes de can (Erythronium dens-canis), fentos (Pteridium aquilinum, Blechnum spicant e Woodwardia radicans), dentabrúns (Osmunda regalis), esfagnos (Sphagnum spp.), herba das malladas (Nardus stricta), Anemone trifolia, buños (Carex spp.), orballiñas (Drosera spp.), Genista berberidea, Eriophorum angustifolium, Menianthes trifoliata, Narhecium ossifragum, Senecium aquaticus, Hypericum helodes, violetas (Viola palustris), Potagometon polygonifolius. Orballiña (Drosera rotundifolia). Matogueira Alexandre Cendón Queirugas e carrascas (Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica, Erica umbellata, Erica cinerea, Erica tetralix e Erica cilliaris), uces (Erica arborea e Erica australis), piornos (Genista florida), toxos (Ulex spp.), xestas (Cytisus scoparius, Cytisus multiflorus e Cytisus striatus), carqueixas (Chamaespartium tridentatum), carpazas (Halimium spp.). Vexetación de orla nunha turbeira, Erica cilliaris e Erica tetralix. 20 Ulex gallii, que podemos resaltar a súa muralla cun foso perfectamente visíbel e o castro de Piñeiro, lugar onde se erixe unha ermida e o castro da Cividade en Fornelos de Montes. Mais, sen dúbida, o aspecto do patrimonio cultural e etnográfico da serra máis destacábel é o derivado da secular cultura gandeira, que hoxe podemos apreciar no conxunto de construcións relacionadas coa gandería estacional. Os chozos son as construcións deste tipo máis representativas, pero non son as únicas, ao seu carón aparecen os cortellos ou parideiras, as curralas e os sesteiros. Estas edificacións tiveron vida útil até ben entrada a segunda metade do século XX. Eran utilizadas polas veciñas e veciños das aldeas próximas á serra para pastorear vacas, ovellas e cabras na estación estival, aproveitando os pastos que o verán dispensaba na montaña, mentres que as veigas e anellos dos vales eran destinados ao cultivo de herba para o inverno. Entre os meses de xuño e setembro, os pegureiros subían até os altos da serra con todo o gando das aldeas, organizados baixo o sistema das roldas. Este sistema consistía basicamente en facer quendas de parellas que permanecían por dúas noites na serra, para logo ser substituídos por outra nova. As parellas arroldábanse por tódalas casas da aldea, ao longo dos meses do verán. Nesas roldas tamén participaban os nenos e as nenas. Non embargante, os derradeiros pegureiros que ocuparon os chozos, quedaban por todo o verán na serra a cambio dun soldo. Cada chozo pertencía a unha aldea, así ocorría que unha mesma parroquia tiña varios chozos. Porén, algúns destes eran usados por aldeas que estaban fóra desas parroquias e incluso dos concellos da serra (como sucede co chozo coñecido co nome de Curral de Forzáns). Pola contra, había outras aldeas ou vilas que por se asentar na mesma serra, non tiñan a necesidade de posuír chozos, xa que os labores de pastoreo podían ser realizados sen abandonar a residencia habitual (como sucede coa Graña). Os chozos e as construcións anexas antes referidas, foron construídos cos propios materiais que dispensaba a zona, utilizando a técnica da "pedra seca", sen ningún tipo de argamasa. Deste xeito erguéronse os chozos e os cortellos, empregando pedras tanto para as súas paredes como para as súas cubertas, ás que amais se lles engadía por riba, terróns con herba que servían simultaneamente de illantes térmicos e da chuvia e como un elemento que Fotos de Alexandre Cendón. Chozo de Cascardoso, Campo (Covelo). Parte traseira (foto esquerda) e frontal (arriba). e Avión) e a vertente occidental (o que hoxe é a provincia de Pontevedra). Esta dobre tipoloxía pódese deber ao antigo reparto xurisdicional entre os mosteiros de Melón e Aciveiro ou entre os condes de Ribadavia e de Soutomaior. Se por unha banda, os da vertente oriental, presentan un acabado máis refinado e traballado (con arcos de medio punto e contrafortes), pola outra, os da vertente occidental polo xeral son máis rudos (aproveitando incluso cavidades en afloramentos graníticos para a súa edificación). evitaba a deterioración do teito (como dato curioso podemos contar que as portas, de madeira, eran retiradas e voltas a poñer ao final e principio de cada tempada de pastoreo estival). Mentres que os chozos servían de habitación para os pastores (onde se abeiraban, durmían e cociñaban), os cortellos eran usados para gardar os xatos e outros animais de pequeno tamaño para protexelos entre outras cousas, do ataque dos lobos. Tódolos chozos gardan moitos elementos en común, como son as lareiras, as lacenas e os bancos, amais do feito de estar situados de tal maneira que dende eles se puidese vixiar e controlar o gando que durante a noite quedaba nos campos cercados por pedras e pólas (as curralas; logo durante o día, os animais pacían en diferentes sitios da serra). Aínda así, na serra podemos ollar dúas tipoloxías distintas á hora de construír os chozos entre a vertente oriental (o que hoxe é Ourense Por outra banda, os cortellos e parideiras tamén poden aparecer edificados independentemente e en gran número nalgúns lugares do Suído, como en Casariños (onde existen 55) ou en Campo Largo (onde contamos 80). Fotos de Alexandre Cendón. Outro elemento gandeiro importante e que se repite por diversos lugares da serra é o coñeci- Cabalos no inverno. Chozo, cortellos e currala de Mangüeiro (Avión). 21 do como "sesteiro" ou "sesta". Nas horas centrais do día no verán, o calor provoca que o gando busque os sitios altos dos cotos e cumes para recibir a brisa do océano e conseguir así refrescarse e desprenderse da molesta compañía das moscas: é o que os pastores do Suído denominan como "sestear". Debido a isto, os pegureiros aproveitando esa tendencia espontánea do gando (pódese observar na actualidade como o gando tende a subir por si só aos sesteiros), construíron cerradas neses lugares para controlalo mellor e tamén para evitar que "afeixaran" polas fendas e barrancos dos cotos. Dende logo é significativo que o punto máis elevado do Suído sexa precisamente un sesteiro, a Sesta Cerrada, na Graña. Fotos de Alexandre Cendón. Outros elementos etnográficos salientábeis son os foxos ou forcas do lobo, grandes construcións de pedra que constan de dous valados altos, dispostos en forma de funil que conflúen (no vértice) Foxo do Lobo do Coto dos Xarotos (A Lama). 22 Sesteiro de Bidoas (Covelo). Alexandre Cendón Tino Quintela Pontella de Paradedra. Pozo de Piñeiro (Covelo). As rutas comerciais tamén eran importantes nestas montañas, así por elas cruzaban dous camiños de orixe medieval polos que se transportaba o viño do Ribeiro até Aciveiro e logo até Santiago: o Camiño da Brea ou Breeiro (nome derivado de verea) e o Camiño dos Arrieiros (transportistas que utilizaban mulas e cabalos no seu cometido) que do Ribeiro chegaba até o porto de Pontevedra, levando viño do interior á costa e dende esta, diversas mercadorías até a comarca vinícola. Aínda podemos ollar vestixios destes camiños como o milladoiro do Alto do Barazal (lugar onde os viaxeiros depositaban e amoreaban pedras, froito dalgunha crenza ou rito relacionada coa viaxe), corredoiras, pontes (como a de Casariños) e incluso neveiras (construcións de pedra de forma cilíndrica, escavadas na terra e cubertas con cúpulas tamén de pedra ou teitos de madeira, de varios metros de profundidade que eran usadas para obter neve e xeo durante todo o ano, utilizados como conservantes alimentarios. Foron edificadas na "pequena idade do xeo", período frío que asolou Europa despois da Idade Media até o século XIX. No Suído hai varias, como a dos Canos da Neveira, preto de Campo Largo). Alexandre Cendón nun foxo escavado coas paredes de pedra. Foron construídos na Idade Media, aproveitando vagoadas, para dar caza ao lobo. Para conducilo até alí e darlle morte, o máis común era reunir aos veciños que dende distintos lugares e producindo balbordo ían cercando ao lobo até que era introducido primeiro no interior dos muros de pedra (na forca) e logo no foxo (que era recuberto por pólas para disimulalo, ou no que ás veces se poñía un animal doméstico que servía como cebo). Unha vez dentro do foxo, o lobo non podía escapar e era abatido con pedras, paus e lanzas. Na serra existen varios foxos (como o dos Xarotos na Lama e o dos Foxos en Covelo, ou nas proximidades, como no Coto de Eira, Mondariz, onde existe un foxo dobre, é dicir con dous vértices e dous foxos). Chozo de Redondo. 23