B.O.P. DE 12/07/2016

Anuncio
MARTES, 12 DE JULIO DE 2016
Nº 159
CONCELLO
BALEIRA
Anuncio
O Sr. Alcalde do Concello de Baleira o 30/06/2016 aprobou os padróns das taxas pola prestación do
servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondientes
ó 3º bimestre do 2016. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas
municipais para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor
recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste
anuncio no BOP. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso
contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida
xurisdición. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante
a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo de un mes dende a presente publicación.
- De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b) do Regulamento
xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 01/07/2016 e
31/08/2016 ámbolos dous inclusive.
Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias
a partir do día 01/07/2016. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles
facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.
Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento
(no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia) e
devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se
produzan.
- Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e
Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os
efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
Baleira, 30/06/2016. O Alcalde.- Ángel Enrique Martínez-Puga López
R. 2021
BECERREÁ
Anuncio
INFORMACIÓN PÚBLICA
Faise público que pola Xunta de Goberno Local de data 29 de xuño de 2016 se aproba incialmente o proxecto
de obras denominado MELLORA DE ACCESO AO PARQUE EMPRESARIAL elaborado polo arquitecto municipal, cun
orzamento base de licitación de 150.000 €, IVE incluído.
Sométese o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles
mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse
reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no
artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de noviembre, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do
Procedemento Administrativo común.
Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e
reclamacións.
Becerreá, 1 de xullo de 2016.- O Alcalde,
2
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
R. 2022
BURELA
Anuncio
Expediente nº 1254/2016
APROBACIÓN DEFINITIVA EXPEDIENTE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS TRANSFERENCIA 2/2016
En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas
Locais, aprobado polo Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, ao non se presentaren alegacións durante o prazo
de exposición ao público, queda automáticamente elevado a definitivo o Acordo plenario de data 26 de maio de
2016 , sobre o expediente de modificación de créditos nº Transferencia 2/2016 do Presuposto en vigor, na
modalidade de Crédito Extraordinario e suplemento, financiado con cargo a anulacións ou baixas de créditos de
outras aplicacións do Orzamento vixente non comprometidas, cuxas dotacións estímanse reducibles sen
perturbación do respectivo servizo, por importe de 23.656,44 euros que se fai público resumido por capítulos
tralas modificacións operadas:
ORZAMENTO DE INGRESOS
1.- IMPOSTOS DIRECTOS
2.- IMPOSTOS INDIRECTOS
3.- TAXAS E OUTROS INGRESOS
4.- TRANSFERENCIAS CORRENTES
5.- INGRESOS PATRIMONIAIS
6.- ALLEAMENTO DE INVERSIÓNS REAIS
7.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
TOTAL
2.424.265,57
35.000,00
1.410.260,09
2.539.168,33
3.000,00
0,00
0,00
6.411.693,99
€
€
€
€
€
€
€
€
ORZAMENTO DE GASTOS
1.- GASTOS DE PERSOAL
2.- GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS
3.- GASTOS FINANCIEIROS
4.- TRANSFERENCIAS CORRENTES
5.- FONDO DE CONTINXENCIA
6.- INVERSIÓNS REAIS
7.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL
TOTAL
2.526.289,41
2.659.309,63
19.296,25
367.000,00
0,00
23.656,44
0,00
5.595.550,73
€
€
€
€
€
€
€
€
Contra o presente Acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, los interesados poderán interpor
directamente recurso contencioso-administrativo na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei
29/1998, do 13 de xullo, Reguladora de dita xurisdición.
Sen prexuízo diso, a tenor do establecido no artigo 171.3 do Texto Refundido a interposición de dito recurso
non suspenderá a efectividade do acto ou Acordo impugnado.
En Burela, a 1 de xullo de 2016.- ALCALDE, ALFREDO LLANO GARCÍA.
R. 2023
Anuncio
ANUNCIO APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2016
En cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, Texto
refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público que transcorrido o prazo de información pública
do expediente do orzamento xeral do Concello para o exercicio 2016, foi aprobado definitivamente en sesión
plenaria do día 05 de xullo de 2016, unha vez resoltas as alegacións presentadas durante o período de
exposición pública sendo o seu resumen por capítulos o seguintes:
3
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Estado de Ingresos
Capítulo 1, Impostos directos:
2.581.425,41€
Capítulo 2, Impostos indirectos:
35.000.00€
Capítulo 3, Taxas e outros ingresos:
1.479.306,31€
Capítulo 4, Transferencias correntes:
2.698.458,74€
Capítulo 5, Ingresos patrimoniais:
3.000,00€
Capítulo 6, Alleamento de Investimentos Reais:
0€
Capítulo 7, Transferencias de capital
39.956,00€
Capítulo 8, Activos financeiros:
2.000,00
Capítulo 9, Pasivos financeiros:
0
Suman total os ingresos
6.839.146,46€
Estado de Gastos
Capítulo 1, Gastos de persoal:
2.454.293,67€
Capítulo 2, Compra de bens correntes e de servizos:
2.953.790,21€
Capítulo 3, Gastos financeiros:
13.511,54€
Capítulo 4, Transferencias correntes:
534.865,70€
Capítulo 5, Fondo de continxencias e outros imprevistos
0,00€
Capítulo 6, Investimentos reais:
274.420,24€
Capítulo 7, Transferencias de capital:
60.000,00€
Capítulo 8, Activos financeiros:
2.000,00€
Capítulo 9, Pasivos financeiros:
546.265,10€
Suman total os gastos
6.839.146,46€
De conformidade có disposto no artigo 171 do devandito Real Decreto contra esta aprobación poderá
interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-administrativo competente, no
prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida interpoñerse calquera
outro que se estime conveniente.
Do mesmo xeito en cumprimento do disposto no artigo 127 do RDL 781/1986, de 18 de Abril faise público o
cadro de persoal aprobado có orzamento:
PERSOAL FUNCIONARIO
Denominación
do posto de traballo
Dotación
Grupo
C:D.
Observacións
Secretario
1
A1
27
Propiedade
Técnico de Xestión
1
A1
24
Propiedade
Xefe de Sección
1
C1
22
Vacante
Xefe de Negociado
1
C1
21
Propiedade
Xefe de Negociado
1
C1
21
Propiedade
Administrativo
1
C1
21
Propiedade
Interventor
1
A1
27
Comisión de Servizos
Tesoureiro
1
C1
21
Propiedade
A1
27
Pendente clasificación
Habilitac. Nal.
Administrativo
1
C1
21
Propiedade
Asistente Social
1
A2
25
Propiedade
Aparellador/Xefe Sección
1
A2
26
Propiedade
Aparellador- Encargado
1
A2
25
Propiedade
Inspector Principal policía
1
A2
22
Propiedade
Oficial de policía
1
C1
18
Propiedade
4
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Policía
7
C1
18
Propiedade
Policía
1
C1
18
Vacante
do posto de traballo
Dotación
Grupo
C:D.
Observacións
Auxiliar recepcionista
1
C2
16
Propiedade
Axente Notificador
1
C2
16
Propiedade
Informático
1
C1
18
Vacante (Interinidade)
Coordinador grupo actuac
1
E
14
Propiedade
Educadora Familiar
1
A2
18
Propiedade
Director C.F.O.
1
A2
25
Propiedade
Técnicos de Emprego
2
A1
27
Propiedade
Oficial 1ª
1
E
14
Propiedade
Oficial 1ª
1
E
14
Propiedade
Oficial 1ª
1
E
14
Propiedade
Oficial 1ª
1
E
14
Propiedade
Oficial 1ª
1
E
14
Vacante
Oficial 1ª
7
E
14
Propiedade
Peóns
5
E
14
Propiedade
Peón
1
E
14
Propiedade
Delineante
1
C1
21
Propiedade
Director Casa da Cultura
1
A2
25
Propiedade
Aux. Administrativos
2
C2
16
Propiedade
Monitor Téc. Deportivo
1
C1
18
Vacante (Cub. Interina)
Psicólogo Inmigrantes
1
A1
27
Propiedade
Aux. Adm. CIM
1
C2
16
Propiedade
Avogada CIM
1
A1
22
Propiedade
Direct. Casa Xuventude
1
A2
25
Propiedade
Patrón Barco Museo
1
C2
16
Vacante (Cub. Interina)
Técnico Medio Ambiente
1
A2
25
Propiedade
Monitores Gaia
2
C2
16
Propiedade
Aux. OMIC
1
C2
16
Propiedade
PERSOAL LABORAL FIXO
Denominación
PERSOAL LABORAL TEMPORAL
Denominación
do posto de traballo
Dotación
Oficial 1ª (contrato relevo)
2
Traballador social
1
Psicólogo atención temperá
1
Pedagogo atención temperá
1
Auxiliar de axuda a domicilio
5
Orientador laboral
1
Psicólogo U.A.D.
1
Traballador social U.A.D.
1
Auxiliar administrativo U.A.D.
1
5
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
Enfermeira U.A.D.
1
Director U.A.D.
1
Auxiliar de enfermería U.A.D.
1
Psicólogo C.I.M.
1
Profesor de Inmigración
1
Coidador de comedor escolar
5
Profesor escola música
10
B.O.P de Lugo
FUNCIONARIOS DE EMPREGO
NEGATIVO
Burela, 6 de julio de 2016.- O Alcalde, Alfredo Llano García
R. 2083
Anuncio
Por Decreto da Alcaldía nº 1043 de 07/07/2016 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso
selectivo para a contratación como persoal laboral temporal de persoal para a Brigada de prevención e defensa
contra incendios forestais:
“BASES REGULADORAS PARA A CONTRATACIÓN COMO PERSOAL LABORAL NON PERMANENTE DE
PERSOAL PARA A BRIGADA DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.
As presentes bases regulan a selección de persoal para a provisión con carácter temporal e en réxime laboral,
no marco do “Convenio de Colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Burela para
a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018,
cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de
Galicia 2014-2020”, dos seguintes postos de traballo:
- Un XEFE DE BRIGADA; grupo de cotización 3. Categoría profesional: Encargado de equipo
- Un PEON CONDUTOR; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón
- Tres PEÓNS DE BRIGADA; grupo de cotización 10. Categoría profesional: Peón
A brigada integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe o concello, priorizando
a actuación da brigada na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no
artigo 47 da Lei 43/2003 de montes e 48.6 da Lei 3/2007, de 9 de abril de prevención e defensa contra
incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico
poderá decidir a mobilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no Plan de
prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2016 (PLADIGA).
A integración no dispositivo do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais realizarase baixo
o mando único descrito no PLADIGA 2016. Os traballos de extinción serán marcados sempre polo persoal de
dito servizo ao responsable da brigada.
Ademais de labores de extinción, a brigada levará a cabo labores de prevención encamiñadas a diminuír o
risco de propagación e minorar os danos dos incendios forestais en caso de producirse. Estes traballos
consistirán na roza, rareo e eliminación de restos durante cada un dos meses de vixencia do contrato e
desenvolveranse en vías e comiños forestais, áreas cortalumes ou nas súas faixas de xestión da biomasa de
titularidade municipal , ou en superficies sobre as cales a entidade local teña cesión de aproveitamento, uso
e/ou disfrute realizada por parte das persoas responsables de acordo co artigo 21 da Lei 3/2007 ou superficies
de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición. Todo elo cando non sexa posible a
mecanización de ditos traballos.
As funcións dos postos de traballo convocados serán as establecidas en cada caso no PLADIGA 2016.
As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP), na sede electrónica
(http://burela.sedelectronica.es) e estarán a disposición dos/as interesados/as no Rexistro Xeral do Concello.
2.- MODALIDADE DO CONTRATO.
Os contratos formalizarase baixo a modalidade de “contrato por obra ou servizo determinado” previsto no
artigo 15.1.a do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da
Lei do Estatuto dos Traballadores, e a xornada semanal completa (40 h./semana) e a súa duración será de 3
meses, a contar dende a data de inicio do servizo.
A xornada laboral desenvolverase no horario que demande o servizo e con plena dispoñibilidade, incluíndo
traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias.
6
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
Serán de aplicación o contrato celebrado as demais causas de extinción dos contratos laborais previstas na
normativa citada.
A retribución bruta mensual será de 1240,68 €, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Xefe
de brigada; 1205,33, incluída a parte proporcional da paga extra no caso do Peón condutor; 1169,98 € incluída
a parte proporcional da paga extra no caso do Peón.
3.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes
requisitos:
a) Ser español/a ou nacional da U.E dentro dos límites que establece o artigo 57 da Lei 7/2007 de 12 de abril
do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos.
c)- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións no caso da praza de Xefe de Brigada: Enxeñeiro de
Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico Superior en xestión e organización de recursos naturais e
paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional
equivalente.
- Estar en posesión de certificado de escolaridade para as prazas de peóns.
No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán aportar documento que acredite fidedignamente a súa
homologación.
d) Estar en posesión de permiso de conducir B si se opta ás prazas de Xefe de equipo e Peón Condutor.
e)Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non
padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións
Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en
inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a
corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de
persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido
sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao
emprego público.
g) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a
lexislación vixente.
h) Ter aboado o importe a que ascende a taxa por dereitos de exame.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de
instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.
4.- PROCESO DE SELECCION.
Constará das seguintes fases:
A).- CONCURSO: Consistente na cualificación dos méritos dos/das aspirantes.
- PRAZAS DE XEFE DE EQUIPO E PEON CONDUTOR.
1.-Por experiencia profesional: traballos realizados como xefe de equipo/capataz/peón en brigadas contra
incendios e/ou capataz/peón de Grupo Municipais de Intervención Rápida, Técnicos en protección civil ou postos
con similares funcións:
a) Na Administración Pública: 0’20 puntos/mes; máximo 2 puntos.
b) Na empresa privada: 0’10 puntos/mes; máximo 1,5 puntos.
Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os casos os meses consideraranse de 30 días
naturais.
2. Por asistencia a cursos relacionados co posto de traballo convocado (protección civil, incendios, primeiros
auxilios...), ata un máximo de 5 puntos:
- Por cada curso de menos de 20 horas de duración: 0,20 puntos.
- Cursos de duración de 20 a 60 horas: 0, 25puntos.
- Cursos de duración de 61 a 100 horas: 0, 50 puntos.
- Cursos de duración de 101 horas en adiante: 1 punto.
Os cursos e participación en xornadas que non se presenten coa acreditación das horas lectivas, estimaranse
igual que os menores de 20 horas.
7
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
3.- Cursos de galego:
- Celga 3, Curso de iniciación ou equivalente: 0,10 puntos.
- Celga 4, Curso de perfeccionamento ou equivalente: 0,25 puntos
En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento, só se computará o de maior puntuación.
4.-Cursos de prevención de riscos laborais:
- Ata 50 horas (equivalente o curso “on line” de 60 h): 0,25 puntos
- de 51 a 300 horas: 0,5 puntos
- máis de 300 horas: 1 punto
5. Por dispor de máis permisos de conducir: 0,25 ptos por cada un deles.
- PRAZAS DE PEÓNS DE BRIGADAS.
1.-Por experiencia profesional: traballos realizados como xefe de equipo/capataz/peón en brigadas contra
incendios e/ou capataz/peón de Grupo Municipais de Intervención Rápida, Técnicos en protección civil ou postos
con similares funcións:
a) Na Administración Pública: 0’20 puntos/mes máximo 2 puntos.
b) Na empresa privada: 0’10 puntos/mes máximo 1,5 puntos.
Non se computarán as fraccións inferiores a un mes. En todos os casos os meses consideraranse de 30 días
naturais.
2. Por asistencia a cursos relacionados co posto de traballo convocado (protección civil, incendios, primeiros
auxilios...), ata un máximo de 5 puntos:
- Por cada curso de menos de 20 horas de duración: 0,20 puntos.
- Cursos de duración de 20 a 60 horas: 0, 25puntos.
- Cursos de duración de 61 a 100 horas: 0, 50 puntos.
- Cursos de duración de 101 horas en adiante: 1 punto.
Os cursos e participación en xornadas que non se presenten coa acreditación das horas lectivas, estimaranse
igual que os menores de 20 horas.
3.- Cursos de galego:
- Celga 3, Curso de iniciación ou equivalente: 0,10 puntos.
- Celga 4, Curso de perfeccionamento ou equivalente: 0,25 puntos
En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento, só se computará o de maior puntuación.
4.-Cursos de prevención de riscos laborais:
- Ata 50 horas (equivalente o curso “on line” de 60 h): 0,25 puntos
- de 51 a 300 horas: 0,5 puntos
- máis de 300 horas: 1 punto
5. Por dispor de permiso de condución B: 0,50 puntos.
De non presentarse a documentación acreditativa destes méritos ou se presentase outra diferente á aquí
referida, a puntuación nestes apartados será cualificada como de 0 puntos.
Ningún mérito poderase utilizar para puntuar en máis dun apartado.
Forma de acreditación da experiencia e cursos: a experiencia acreditarase mediante a correspondente
certificación expedida polo organismo oficial no que se prestaron e/ou contrato de traballo inscrito no Servizo
Público de Emprego ao que deberá achegarse certificado de empresa no que conste a data de remate dos
servizos prestados.
De non aportarse o certificado de empresa deberá achegarse certificado de vida laboral expedido pola
Tesourería Xeral da Seguridade Social.
Os cursos acreditaranse mediante copia compulsada do correspondente diploma no que debe constar a
duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo, ou ben certificación expedida polo organismo
que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos.
Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións
propias da praza, non serán puntuados.
8
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
B).- ENTREVISTA: Levarase a cabo unha entrevista persoal para valorar a adecuación persoal e profesional
do/a aspirante ás esixencias do posto a desempeñar. Puntuarase de 0 a 3 puntos.
Para considerar superada a entrevista precisarase obter unha puntuación mínima de 1,5 puntos.
Serán excluídos do proceso selectivo os aspirantes que non comparezan.
5.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
1.- Os/as interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo que se acompaña como Anexo I a estas bases ao
Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade ou nos lugares
que determina o artigo 38.4 da LRJAP-PAC, no prazo de 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da
publicación do anuncio de convocatoria no BOP de Lugo. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó
primeiro día hábil seguinte.
O horario do Rexistro Xeral do Concello de Burela é de 9:00 a 13:00 horas de luns a venres.
De presentarse a varias prazas o aspirante cubrirá unha solicitude por praza.
Os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRJAP-PAC,
deberán remitir por fax ao Concello copia selada da instancia dentro do prazo de 5 días naturais sinalado
anteriormente (nº de fax: 982 58 59 45). Sen a concorrencia de ambos requisitos non serán admitidas aquelas
solicitudes que sexan recibidas no Concello fóra do prazo de presentación de instancias.
2.- Á instancia acompañarase:
a)Fotocopia compulsada do D.N.I. ou documento acreditativo da identidade.
b)Fotocopia compulsada da titulación esixida para presentarse ao proceso.
c) Fotocopia compulsada do permiso de conducir categoría B, para as prazas de Xefe de equipo e Peón
Condutor.
d)Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das
Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; de non atoparse
incurso/a en ningunha das causas de incapacidade e incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
e)Declaración xurada de non padecer enfermidade nin limitación física ou psíquica incompatible co
desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo así como que reúne as condicións físicas
necesarias para superar a proba física de esforzo que deberán realizar xunto co recoñecemento médico con
carácter previo á contratación. Segundo Anexo II.
f)Documentación acreditativa de ter aboado o importe a que ascenden os dereitos de exame: 30 euros para a
praza de Xefe de Equipo e 15 euros para as prazas de Peóns.
Os/as aspirantes acompañarán á solicitude documento acreditativo de ter feito ingreso do correspondente
importe na c/c nº 2091/0109/833110000047 de ABANCA.
De presentarse a varias prazas, unicamente se aboará o importe da taxa correspondente ao posto de maior
categoría profesional e de ser da mesma categoría aboarase unha vez.
g).- Documentos xustificativos dos méritos alegados, debidamente compulsados.
A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se
valorarán aínda que se acrediten fora do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse.
Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten.
Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan
e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.
3.-Rematado o prazo de presentación de instancias, a autoridade que convoca ditará resolución, que se
publicará na sede electrónica (http://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello,
declarando aprobada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as e outorgando un prazo máximo de 2
días naturais para que os/as excluídos/as aleguen o que consideren. Si o último día do prazo é inhábil,
estenderase ata o seguinte día hábil.
Resoltas as reclamacións publicarase a lista definitiva no Taboleiro de Edictos ou darase por definitiva a lista
provisional se non houbera reclamacións ou se estas non foran suficientes para a súa consideración. De non
existir aspirantes excluídos, o Alcalde poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de
aprobación.
O feito de figurar incluído/a na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a
posesión dos requisitos esixidos no procedemento selectivo convocado, que deberán ser xustificados
documentalmente como paso previo á contratación que corresponda.
9
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
6.- LUGAR, DATA E CELEBRACIÓN DA FASE DE ENTREVISTA.
A data e hora de celebración da entrevista determinarase polo Tribunal unha vez que remate o prazo de
presentación de instancias, facéndose público no mesmo anuncio que a lista provisional de admitidos ao
proceso.
7.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
O tribunal cualificador estará composto por un/unha presidente/a e catro vocais, empregados públicos entre
os/as que non se incluirán persoal de elección ou de designación política, nin funcionarios/as interinos/as ou
persoal temporal ou eventual.
Actuará como Secretario o da Corporación ou funcionario en quen delegue, con voz e sen voto.
A composición do Tribunal será predominantemente técnica e todos deberán posuír titulación ou
especializacións iguais ou superiores ás esixida para o acceso á praza convocada. En dita composición
atenderase así mesmo, a paridade entre homes e mulleres.
A Resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos coa designación dos
membros do Tribunal, que incluirá os seus respectivos suplentes, farase pública na sede electrónica
(http://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello a efectos de recusación.
O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, xa
sexan titulares ou suplentes, e en todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos seus
suplentes.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificándoo ao Sr. Alcalde cando concorran neles
algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
O Presidente poderá requirir aos membros do mesmo declaración expresa de non atoparse incursos en causa
de abstención. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran as
circunstancias previstas no parágrafo anterior.
Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do cumprimento das bases da convocatoria e da
suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos seus
resultados.
O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden
oír a opinión de técnicos especialistas, así como de colaboradores en tarefas de apoio no desenvolvemento do
sistema selectivo.
O Tribunal resolverá todas as dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas
presentes bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das
probas, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea
previsto nas bases.
8.- CUALIFICACIÓN FINAL.
A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas distintas fases do
proceso, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados.
En caso de empate na puntuación final, o desempate resolverase a favor do aspirante que obtivese maior
puntuación na fase de concurso.
9.- PROPOSTA
CONTRATACIÓN.
DE
SELECCIÓN
E
OBRIGAS
DO
SELECCIONADO
CON
CARÁCTER
PREVIO
Á
O Presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante o
Sr. Alcalde-Presidente, sen que esta poida superar o número de prazas convocadas.
As propostas de selección que contraveñan este límite serán nulas de pleno dereito.
A citada proposta publicarase na sede electrónica (http://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios
do Concello.
Os/as traballadores/as seleccionados/as estarán obrigados a realizar, antes da súa contratación un
recoñecemento médico e unha proba física de esforzo nos días, foras e lugares que estableza o Concello de
Burela.
A non superación do recoñecemento médico ou da proba física de esforzo será causa de non contratación do
traballador/a seleccionado/a, sen prexuízo das posibles accións que procedan por incorrer en falsidade na
declaración xurada.
Igualmente están obrigados, unha vez contratados, a realizar un curso teórico-práctico de formación sobre
prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na
materia .Este curso será obrigatorio, aínda que os compoñentes da brigada xa o recibisen en anos anteriores.
A non realización do curso suporá o cese do/a traballador/a por incumprimento desta base.
10
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
10.- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN.
Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os aspirantes acreditaron os requisitos esixidos para
acceder as prazas que se convocan e superado o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, o Alcalde
resolverá o procedemento selectivo decidindo a contratación como persoal laboral con contrato temporal por
obra ou servizo.
Ata que non se formalice o contrato, o/a aspirante proposto/a non terá dereito a percibir cantidade
económica algunha.
11.- CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE SUBSTITUTOS.
No obstante o anterior, no caso de que se produzan renuncias dos/as aspirantes seleccionados/as, con
anterioridade ou despois de celebrar o correspondente contrato laboral de carácter temporal, o órgano de
selección elaborara unha proposta complementaria (lista de reserva) co fin de asegurar a cobertura do emprego
convocado, proposta que será de aplicación por rigoroso orde de puntuación.
Igualmente será de aplicación esta proposta complementaria no caso de que os seleccionados non superen o
recoñecemento médico o proba de esforzo aos que se fai referencia na cláusula 9ª como previos e
condicionantes da contratación.
12.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN.
O Tribunal poderá resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo
desenvolvemento do proceso selectivo.
No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal
ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos
competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na
aplicación destas.
13.- RECURSOS.
Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria
poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do
Concello de Burela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación segundo o previsto
nestas bases ou directamente recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo
de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo
de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.
Burela, 6 de julio de 2016.- O Alcalde, Alfredo Llano García
R. 2084
CHANTADA
Anuncio
Por Decreto de Alcaldía de data 13/06/2016 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento
do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente a maio 2016.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que
aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os
Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar
dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar
correspondente a maio 2016 terá lugar neste municipio dende o día 14 de xuño de 2016 ata o día 13 de agosto
de 2016.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co
disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período
executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
En Chantada, 14 de xuño do 2016.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 2024
Anuncio
Por Decreto de Alcaldía de data 17/06/2016 aprobouse o Padrón de contribuíntes obrigados ao pagamento
do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de recreo municipal , piscinas e anexos
11
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
correspondentes a xuño-2016.
De conformidade co disposto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2.004, do 5 de marzo, polo que
aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os interesados poderán interpoñer contra os
Padróns o recurso de reposición que se regula na disposición mencionada, dentro do prazo dun mes a contar
dende o día seguinte da publicación da aprobación dos citados Padróns no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
A cobranza, en período voluntario do Padrón do Prezo público pola prestación do servizo nas instalación de
recreo municipal , piscinas e anexos correspondentes a xuño 2016 terá lugar neste Municipio dende o día 18 de
xuño de 2016 ata o día 17 de agosto de 2016.
O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario, sen ser satisfeita a débeda, e de conformidade co
disposto no artigo 161 da Lei 58/2003 do 17 de decembro, Xeral Tributaria, determinará o inicio do período
executivo, coa esixencia dos xuros de mora e das recargas do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28
da Lei xa citada e, no seu caso, das costas do procedemento executivo.
O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.
En Chantada, 17 de xuño de 2016.- O ALCALDE, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
R. 2025
FRIOL
Anuncio
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria celebrada o 30 de xuño de 2016, prestou aprobación provisional á
desafectación como ben de uso público de tramo do camiño que figura no Inventario de Bens co núm. 270-7
denominado “Camiño de San Mamede a Bidueiro”. Proponse por dona Josefa Sánchez Barreiro, a variación dun
tramo do trazado do camiño, para o que se permutaría a superficie necesaria cedida por ela, quedando o acceso
cunha maior anchura e trazado homoxéneo e lineal. Todo elo segundo a documentación técnica obrante no
expediente, consistente no proxecto e Anexo 1 de modificación de proxecto, para expediente de desafección e
permuta de camiño asinado por don Enrique Mayo López, de QTYSER proxectos de arquitectura.
O que se somete ao trámite de información pública, xunto co expediente do que trae razón, polo prazo de un
mes, contado a partir do seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da Provincia. No devandito
prazo os/as interesados/as poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
No caso de non presentarse, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.
Friol a 1 de xullo de 2016.-O Teniente Alcalde, Jesús Julio Cortiña López.Resolución de 19 de xuño de 2015.
R. 2026
LUGO
Anuncio
En sesión plenaria ordinaria celebrada o 30 de xuño de 2016 adoptouse o seguinte acordo co seguinte teor
literal:
“Modificar as previsions iniciais de Ingresos do Orzamento Municipal do Exercicio 2016, para substituir a
operación de crédito por importe de 3.331.500 € destinada ó financiamento dos investimentos consignados no
estado de Gastos no Anexo de Investimentos, polos recursos propios que resultan do Remanente de Tesourería
dispoñible para gastos xerais do exercicio 2015, do seguinte xeito:
Concepto 91300
Préstamos
recibidos ó longo
prazo entes fora
sector público
Disminución das
previsións inciais
de ingresos
Concepto 87000
Remanente de
Tesourería para
Gastos Xerais
Aumento das
previsións iniciais
de ingresos
(3.331.500 €)
Desestimiento
Operaciòn
endebedamento
Orzamento 2016
3.331.500 €
Desestimiento
Operaciòn
endebedamento
Orzamento 2016
”
O acordo exponse ó público na Intervención Xeral Municipal, por un prazo de quince días hábiles,
computando dito prazo a partir do día seguinte á inserción do presente edicto no B.O.P., todo elo, a efecto de
reclamacións, que se presentarán ante o Pleno municipal.
Lugo, 1 de xullo de 2016.- A Ilma. Tenente Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprego e
Desenvolvemento Económico, Ana Prieto Nieto.
12
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
R. 2027
MONFORTE DE LEMOS
Anuncio
APROBACION PADRÓNS TAXA POLO ABASTACEMENTO DE AUGA , TAXA REDE DE SUMIDOIROS e canon
auga maio-xuño 2016 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 27 de xuño de 2016 aprobáronse os padróns da Taxa polo abastecemento
de auga, a Taxa de rede sumidoiros e Canon de auga do terceiro bimestre 2016 (maio-xuño)
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse
colectivamente os recibos derivados destes padróns
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun
prazo de 20 días, a contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que
se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto
Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns da Taxa polo abastecemento
de auga e Taxa pola Rede sumidoiros e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo
dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase
interpor recurso contencioso -administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13
de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co artigo 49.7 do Decreto 136/2012 de 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon
da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais a repercusión do
canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico -administrativa ante o órgano económicoadministrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende se entenda producida a
notificación
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período
voluntario, dende o día o 6 de xullo ata o 6 de setembro de 2016
De acordo co artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral
de Recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os
contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1)
Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público
2)
A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras
3)
A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de
constrinximento, e devindicaranse os correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no
seu caso, as costas que se produzan
A falta de pagamento en período voluntario do canon suporá a esixencia do canon da auga directamente ao
contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia
Monforte de Lemos, 27 de xuño de 2016.- O Alcalde, José Tomé Roca
R. 2029
O PÁRAMO
Anuncio
Selección de Xuíz de Paz Titular do Xulgado de Paz de O Páramo.
En cumprimento do acordado pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e de
conformidade co previsto no artigo 101 e ss da Lei 6/85, de 1 de xullo do Poder Xudicial, convócase a selección
para o cargo de Xuíz de Paz Titular.
Requisitos dos candidatos. Poderán participar na presente selección as persoas que reúnan os seguintes
requisitos:
-Ser español
-Maior de idade
13
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
-Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade previstas no artigo 303 de Lei Orgánica do Poder
Xudicial.
Lugar de presentación de solicitudes: No rexistro deste concello en días laborais e horas de oficina, ou na
forma establecida no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26
de
novembro
de
Réxime
Xurídico
das
Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo prazo de quince días hábiles, a
partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:
-Certificación de nacemento ou fotocopia autentificada do D.N.I.
-Certificación expedida polo rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria a que fai
referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a).
-Xustificación dos méritos que alegue o socilitante.
En O Páramo, a 28 de xuño de 2016.- O ALCALDE, P.D., Tte. Alcalde (Decreto 23/05/16), Begoña González
López
R. 2030
POL
Anuncio
DECRETO.- En Pol a 4 de xullo de 2016
DECRETO DE ALCALDÍA POLO QUE SE APROBA A LISTA DE ADMITIDOS, E SE NOMEA TRIBUNAL DUNHA PRAZA
DE ADMINISTRATIVO FUNCIONARIO INTERINO.
A vista do expediente para a convocatoria dunha praza de administrativo funcionario interino e de acordo
coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en resolución da Alcaldía, e conforme o
establecido no artigo 233.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, en relación co
artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de
provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do
Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e no artigo 21.1.g), da Lei 7/1985, do 2 de
abril, de bases do réxime local,
RESOLVO
PRIMEIRO. Que se aprobe de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da
devandita convocatoria:
RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:
-
Alonso Fernández Elisabet
-
Arboiro García María Josefa
-
Ben Magide Patricia
-
Campos Lages Flavia
-
Carrodeaguas Rodríguez Ivon
-
Cereijo Osorio Alejandro Manuel I.
-
Díaz Vega Vanesa
-
Fajardo De Andrade María
-
Fernández Bouza Felicidad
-
Fernández Díaz Inés
-
Freire Del Valle Sandra
-
Freire Rico Silvia
-
García López Susana
-
Irimia Fernández Lucía
-
Legaspi Valiña Laura
-
López Moreira Eva María
-
Núñez Pol José Manuel
-
Pardo Fernández Alberto Carlos
14
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
-
Pardo Sánchez Raquel
-
Pérez Vázquez Mónica
-
Prieto Pardo José
-
Rego Neira Vanesa
-
Rodríguez Cabañas Miguel
-
Salgado Fernández Gutier
-
Sánchez Marcos Antonio José
B.O.P de Lugo
RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:
-
Ningún
SEGUNDO. A composición do tribunal cualificador é a seguinte:
 Presidente: D. Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario Xeral da Deputación de Lugo.
 Suplente: D. Manuel Ángel Jove Losada, Xefe de Servizo de Contratación e Fomento da Deputación de
Lugo.
 Vogal: D.ª María García Ferro, Vicesecretaria do Concello de Lugo.
 Suplente: D.ª Mónica Vázquez Fandiño, Secretaria-Interventora do Concello de Láncara.
 Vogal: D. Simón Castro Gavín, Técnico Administración Financeira do Concello da Pontenova.
 Suplente: D.ª Esperanza Garmendia Núñez, Secretaria-Interventora do Concello de Baleira.
 Vogal: D.ª Raquel Meilán Sánchez, Técnico de Administración Xeral da Deputación de Lugo.
 Suplente: D. Manuel Carramal Silva, Técnico Superior en Ciencia Económica e Empresarial da Deputación
de Lugo.
 Secretario: D. Froilán Pallín Seco, Secretario-Interventor do Concello de Pol.
 Suplente: D.ª Ana Sampedro Millares, Secretaria-Interventora do Concello de Castroverde.
TERCEIRO. A realización do primeiro exercicio comezará o día 14 de xullo de 2016, ás 09:30 horas, na
Caseta da Carballeira de Mosteiro. Os aspirantes deberán presentar a documentación de acreditación persoal.
CUARTO. Que se publiquen no taboleiro de anuncios do Concello, así como na páxina web municipal e no
Boletín Oficial da Provincia de Lugo a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, para os efectos
oportunos, así como a designación do tribunal e a data de convocatoria para o primeiro exercicio.
Mándao e asínao o alcalde, D. Lino Rodríguez Ónega, do que, como secretario dou fe.
O Alcalde, Lino Rodríguez Ónega. Ante mín, O Secretario-Interventor, Froilán Pallín Seco
R. 2042
RÁBADE
Anuncio
Formulada e rendida a conta xeral do presuposto deste Concello correspondente ao exercicio 2015, e
informada pola Comisión de Contas con data de 30 de xuño de 2016, exponse ao público, cos documentos que
a xustifican, na Secretaría desta entidade por espacio de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao de
publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que os interesados poidan
examinala e formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes, durante
dito prazo de exposición e nos 8 días seguintes, todo elo de conformidade co establecido no artigo 212.3 do
Texto Refundido da Lei de Facendas Locais.
Rábade, a 1 de xullo de 2016. O Alcalde Presidente, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2031
XOVE
Anuncio
Polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o 30 de xuño dos presentes aprobouse o expediente de
modificación de créditos número 10/2.016, de Crédito Extraordinario para investimentos financeiramente
sostibles, por importe de 360.000,00 €.
15
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
De conformidade co establecido no artigo 177 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se regula o Texto
Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, en relación co 169 do mesmo texto legal, exponse ao público
na Intervención deste Concello polo prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación do presente
anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos de reclamacións ante o Pleno.
No suposto de que non se presenten reclamacións considerarase aprobada definitivamente a modificación de
créditos, podendo presentarse recurso contencioso-administrativo desde a data da aprobación definitiva.
Xove, a 1 de xullo de 2016.- O Alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa
R. 2032
Anuncio
Faise público que por Resolución de Alcaldía de 5 de xullo de 2016 aprobouse o Proxecto Básico e de
Execución e o Prego de Cláusulas Administrativas que rexerán na contratación mediante procedemento aberto,
tramitación urxente, oferta económicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación para a obra de
“REMODELACIÓN INTEGRAL DO CAMPO DE FÚTBOL DE ENTRENO MUNICIPAL DE XOVE”.
Polo presente anuncio e de acordo co previsto no artigo 142 do RD 3/2011, de 14 de novembro, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, faise licitación pública do contrato de
referencia, coas caracteríticas que a seguir se relacionan:
1.- Entidade Adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención de información:
a) Organismo: Concello de Xove.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría/Intervención
c)Obtención de documentación e información:
1.- Dependencia: Secretaría ou Intervención Municipal
2.- Domicilio: Camiño real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870 Xove (Lugo)
4.- Teléfono: 982.59.20.01
5.- Telefax: 982.59.21.54
6.- Correo electrónico: [email protected]; [email protected]
7.- Dirección de Internet de perfil de contratante: www.xove.es
8.- Data límite de obtención de documentación e información: Ata o día antes do vencemento do prazo
establecido na Cláusula 11 do Prego de Cláusulas Administrativas para a presentación de proposicións.
d) Número de expediente: OBR03/16
2.- Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato administrativo de obra
b) Descrición: Remodelación integral do campo de fútbol de entreno municipal de Xove
d) Prazo de execución: 6 meses
e) Admisión de prórroga: Non
g) CPV: 45212200-8 Traballos de construcción de instalacións deportivas
3.- Tramitación e procedemento:
a)Tramitación: Urxente
b)Procedemento: Aberto
c) Suxeito a regulación armonizada: Non
c) Subasta electrónica: Non
d) Criterios de adxudicación:
-Prezo ofertado: Ata 48 puntos
-Melloras ofertadas: Ata 40 puntos
-Reducción do prazo de execución: Ata 12 puntos
16
Núm. 159 – Martes, 12 de Julio de 2016
B.O.P de Lugo
4.- Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 502.348,74 euros. IVE (21%): 105.493,24 euros. Importe total: 607.841,98 euros.
5.- Garantías esixidas: Provisional: Non se esixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, con exclusión do
IVE. Complementaria para as ofertas anormais ou desproporcionadas aceptadas polo órgano de contratación: 5%
do importe de adxudicación, sen IVE.
6.- Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: Grupo G, Subgrupo 6, Categoría 3
7.- Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 14.30 horas do décimo terceiro día natutal contado desde a publicación do
anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
b) Lugar de presentación:
1.- Dependencia: Rexistro Xeral da Casa do Concello
2.- Domicilio: Rúa Camiño Real, s/n
3.- Localidade e Código Postal: 27870; Xove (Lugo)
4.- Fax: 982.59.21.54
d) Admisión de variantes: Non
e) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: Ata a adxudicación do contrato.
8.- Apertura de ofertas:
a) Dirección: Casa do Concello-Salón de Plenos
b) Localidade e Código Postal: 27870, Xove (Lugo)
c) Data e hora: Comunicaranse previamente mediante fax ou Correo electrónico
9.- Gastos de publicidade: Por conta do contratista adxudicatario
Xove, a 5 de xullo de 2016.- O ALCALDE, J. Demetrio Salgueiro Rapa
R. 2058
Signature Not Verified
Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO
Data: 12.07.2016 08:00:01 CEST
Razón:
Localización: España
Descargar