OURENSE ANPE OURENSE informa: URXENTE ANPE OURENSE DENUNCIA ANTE A CONSELLERÍA O CAMBIO NAS ADXUDICACIÓNS FEITAS NO CONCURSO NACIONAL DE TRASLADOS. ANTE AS RECLAMACIÓNS PRESENTADAS POLOS PROFESORES QUE NON OBTIVERON DESTINO (OU AQUELES QUE HABENDO OBTIDO UN DESTINO, PODERÍAN MELLORALO) NUN CENTRO PÚBLICO A PESAR DE HABELO SOLICITADO CON ITINERANCIA, A C ONSELLERÍA DE EDUCACIÓN INFORMA DE QUE ESTÁ A REVISAR TODO O CONCURSO PROVISIONAL, PARA ADXUDICARLLE DESTINO A AQUELES PROFESORES QUE “TENDO DEREITO ” NON SE LLES ADXUDICOU . O PROBLEMA RESIDE EN QUE A RESOLUCIÓN PROVISIONAL FEITA POLO MINISTERIO SE FÍXOSE DACORDO COA INFORMACIÓN QUE A CONSELLERÍA FACILITOU AOS PROFESORES QUE O SOLICITARON. NESTA INFORMACIÓN OFICIAL COMUNICOUSE QUE A PETICIÓN CON ITINERANCIA NON LEVABA APARELLADA A PETICIÓN DA MESMA PRAZA DO CENTRO SEN ITINERANCIA. ESTO OBRIGOU A MOITOS PROFESORES A PERDER PETICIÓNS POR AXUSTARSE ÁS NORMAS QUE AGORA PRETENDE MODIFICAR A PROPIA CONSELLERÍA. C ON INDEPENDENCIA DAS POSIBLES RECLAMACIÓNS QUE POIDAN DERIVARSE DA ALTERACIÓN NA RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO DE TRASLADOS E DOS INCONVINTES E PERDAS DE DEREITO CONSEGUINTES, DENDE ANPE OURENSE RECOMENDAMOS A TÓDOLOS PROFESORES QUE SE SINTAN AFECTADOS QUE REALICEN UNHA RECLAMACIÓN INDIVIDUAL, CON INDEPENDENCIA DA RESOLUCIÓN QUE ADOPTE A PROPIA CONSELLERÍA. RECORDÁMOSLLE A TÓDOLOS AFILIADOS DE ANPE OURENSE QUE PODEN DIRIXIRSE Á SEDE PROVINCIAL PARA CONCERTAR A REALIZACIÓN DE DITA RECLAMACIÓN , DE ESTIMALO OPORTUNO, Á MAIOR BREVIDADE POSIBLE . ESTAMOS A VOSA DISPOSICIÓN . ANPE OURENSE S.I. 21 DE ABRIL DE 2009