Tema 7: Dimensión empresarial I.Dimensión: concepto e criterios de medición II.Crecemento empresarial: estratexias III.A PEME: vantaxes e desvantaxes −Formas de acceso á actividade empresarial nas PEMES −Creación dunha empresa innovación franquía comercio asociado −Participación nunca empresa xa existente −Herdanza IV.Integración empresarial: −Causas −Tipos de agrupacións: asociación e integración V.Cooperación entre empresas (financeira/comercial/tecnolóxica) VI.As multinacionais: características e factores de desenvolvemento VII.A dimensión empresarial en Galicia II Crecemento empresarial: estratexias (especializarse e diversificarse) Especialización, intensificar o esforzo non productos tradicionais por medio de: −Penetración no mercado: incrementar vendas e busca de novos clientes −Desenvolvemento do mercado: novas áreas xeográficas, novos segmentos −Desenvolvemento de productos complementarios dos tradicionais Diversificación, engadir á vez novos productos e novos mercados (maior risco) −Diversificación relacionada, se existe algunha conexión entre os productos antigos e os novos (ecs de gama) −Diversificación non relacionada, trata só de explotar oportunidades rendibles. Ex > tabacalera investía en alimentos Crecemento interno ou externo 1 −Interno: a partir dos propios recursos (autosuficiente) −Externo: unir os recursos propios cos doutras empresas para aumentar a dimensión Internacionalizarse ou limitarse ao mercado nacional III As PEMES: vantaxes e desvantaxes Vantaxes −Maior cercanía ao cliente, trato máis personalizado en relación máis directa, mellor posición nos mercados locais −Maior flexibilidade de adaptación aos cambios conxunturais −Maior adaptabilidade para satisfacer demandas de mercado moi específicas (dun determinado producto nun determinado tempo) −Autonomía −Son máis adecuadas para algunhas actividades Desvantaxes −Dificultades de acceso aos recursos financeiros do mercado de valores (accións, obrigacións) −Maiores dificultades para aproveitar as ecs de escala (reducir custos e aumentar a producción) −Escaso poder de negociación con clientes e provedores −Menor nivel de cualificación e de competencia técnica dos seus traballadores Formas de acceso á actividade empresarial nas PEMES −Creación dunha empresa: innovación, franquía (libro páxina 188), comercio asociado −Participación nunca empresa xa existente −Herdar unha empresa (familiar) IV A integración empresarial (o crecemento externo) Concepto: estratexia de crecemento da empresa pola cal se unen empresas que realizan unha mesma etapa do proceso de transformación (integración vertical) ou que fabrican o mesmo producto e prestan o mesmo producto (integración horizontal) Causas −A preocupación por garantir os abastecementos de materias primas −Reducir custos de transacción (custos de negociacións das provisións) 2 −O interese por controlar a distribución do producto −Reducir os custos tratando de obter economías de escala −Incrementar o producto de negociación fonte provedores e clientes −Aumentar a cota de mercado: eliminar riscos da competencia −Necesidade de unir os esforzos financeiros Tipo de agrupacións empresariais • Fórmulas de integración: −Integración da sociedade (perda de personalidade xurídica para un dos participantes): a fusión · fusión pura: dúas ou máis desaparecen para formar unha nova · fusión por absorción: adquisición dunha empresa (que desaparece) por outra −Segundo a natureza das actividades a integración pode ser vertical (trust: agrupación de empresas que realizan fases sucesivas) ou horizontal (se realizan unha mesma etapa da transformación) b) Fórmulas de asociación: −UTE asociación para un proxecto de duración limitada −AIE pode ter carácter indefinido e obxecto social máis amplo −Outras cartel: acordo entre empresas dun mesmo sector co obxectivo de eliminar competencia fixando prezos ou repartíndose o mercado (prohibidos ou regulados) c) Fórmulas de participación: Cando unha empresa adquire parte das accións doutra (sen que perdan personalidade) Holding: empresa matriz (que non produce) adquire máis do 50% das filiais co fin de controlar decisións −A cooperación entre as empresas · acordos tendentes a obter reduccións de custos, aproveitando as complementariedades de realizar un esforzo conxunto e das economías de escala · pode ser: • cooperación productiva: en actividades de producción para obter economías de escala, ou compartir riscos ou recursos; fórmula máis habitual, a subcontratación • financeira: compartir recursos (e riscos), empresa conxunta (joint venture) • comercial: penetrar nun novo mercado, lanzar un novo producto, mellorar a distribución • tecnolóxica: cesión dunha patente, dereito a cambio do pagamento do royalty, acordos de asistencia técnica · un caso crecente de cooperación: a franquía 3 ♦ acordo segundo o cal a empresa franquiciadora cede á empresa franquiciada o dereito de usar unha marca ou fórmula comercial de recoñecido prestixio a cambio dos pagamentos periódicos ♦ funcionar baixo franquía permite obter simultaneamente as vantaxes do tamaño pequeno e grande V A internacionalización da empresa Vese favorecida polo proceso de globalización, pola creación de áreas de libre comercio e a reducción de barreiras proteccionistas, isto leva a unha proliferación de empresas multinacionais que operan e mercados cada vez máis competitivos, con fortes economías de escala e producen para un consumo masivo. Características das empresas multinacionais (EM) −Formadas por unha empresa matriz (empresa orixinaria do Estado onde iniciou a actividade) que conta cunha serie de filiais que operan en diferentes países do mundo e comparte obxectivos −A matriz exerce o control sobre as filiais a través da súa participación (total ou parcial) no capital −Dirección e planificación concentrados na matriz −Empresas de grandes dimensións, custos reducidos, fortes investimentos en I+D −Gozan de posición competitiva a escala global (liderado en custos e maior capacidade financeira) −As perdas compénsanse cos beneficios doutras −Causas da súa existencia · estreitez dos mercados nacionais · desexo de controlar a distribución dos productos (vender sobre o terreo) · superar as barreiras proteccionistas · reducir custos de producción (fabrican onde os factores son menos custosos e reflicten beneficios onde os impostos son máis baixos) −Estratexias de entrada noutros países das EM · estratexia de exportación: producción no país de orixe desde onde se abastece ao resto a través de empresas dos receptores · sistemas de asociación: prodúcese ou véndese noutro país por medio de acordos de cooperación con empresas locais · investimento directo: • creación de filiais propias da EM • creación de sociedades de risco compartido (joint venture): dúas ou máis empresas achegan capital para construír unha nova sociedade para operar nun novo mercado 4 −Estratexias unha vez consolidada a EM: . concerta a fabricación nuns poucos lugares (enxeñería, deseño e producción) desde onde se exporta · fragmenta a súa localización onde obtén vantaxes tecnolóxicas de organización ou de imaxe de marca −Responsabilidade social das EM · aspectos positivos: creación de emprego, achega de tecnoloxía avanzada, aínda que ás veces obsoleta, investimento de capital ·aspectos negativos: desaparición de PEMES locais, dependencia tecnolóxica, sobreexplotación de recursos naturais e danos ambientais, dificultades nos avances da protección laboral e social 5